Que límite ten unha transferencia en liña?

Descubre o importe máximo dunha transferencia realizada a través de Internet.

Habitualmente en canles dixitais veñen uns límites preestablecidos que adoitan ser:

  • Importe máximo por cada transferencia: 15.000 € (ou o saldo dispoñible na conta, sempre que o titular non teña ningún pagamento retido).
  • Importe máximo total diario de transferencias: 30.000 € (ou o saldo dispoñible na conta, sempre que o titular non teña ningún pagamento retido).

Para transferencias bancarias ao estranxeiro os límites son os mesmos que os establecidos para as transferencias nacionais.

As transferencias (traspasos) realizados entre dúas ou máis contas dun mesmo titular non teñen límite establecido máis que o saldo dispoñible na conta sempre que o titular non teña ningún pagamento retido. 

O mesmo ocorre coas transferencias en oficina. Non existe un límite preestablecido, xa que este está limitado polo saldo dispoñible na conta sempre que o titular non teña ningún pagamento retido.

Vías para realizar unha transferencia en liña

Para facer unha transferencia bancaria en liña (as 24 horas ao día, os 7 días da semana e desde cualqueir lugar) dispós de catro canles distintas:

  • bbva.es 
  • App BBVA. 
  • Rede de caixeiros.
  • Liña BBVA.

As transferencias realizadas por estas vías, e sempre que se fagan dentro da Comunidade Económica Europea, son totalmente gratuítas. 

As transferencias tardan en chegar un prazo estimado de 48 horas. Aínda que dependerá da entidade bancaria de destino e de se son nacionais ou estranxeiras. 

Se a transferencia se realiza a unha conta BBVA, o diñeiro chegará o mesmo día da operación.