Que pasa se envío diñeiro a un contacto que non está rexistrado en Bizum?

Descubre que ocorre se realizas un envío de diñeiro a un contacto que non está rexistrado neste servizo.

No caso que enviases diñeiro a un contacto que non está rexistrado en Bizum, non te preocupes. O destinatario recibirá unha SMS notificándolle que lle enviaches unha cantidade concreta de diñeiro canda unha invitación para darse de alta en Bizum. 

Se no prazo de dous días o teu destinatario non se deu de alta en Bizum, a operación cancelarase e o diñeiro non sairá da conta ata que o destinatario se rexistre en Bizum. 

Se en lugar dun envío realizas unha solicitude, ocorre o mesmo: chega unha SMS de invitación ao destinatario, e se se rexistra no prazo de dous días, chegaralle a solicitude e terá outros 7 días máis para aceptala ou rexeitala antes de que caduque.