Como validar o teu enderezo electrónico no BBVA?

Descubre cales son os pasos que hai que seguir para validar o teu correo electrónico.

A continuación, explicámosche os pasos que debes seguir para validares o teu enderezo electrónico:

1. Accede á túa área privada en bbva.es

2. Introduce as túas claves de acceso

3. Accede a “O meu perfil” (na parte superior dereita, xunto ao botón “Saír”)

4. Selecciona a opción “Datos persoais”

5. Fai scroll e encontrarás o apartado “Enderezo electrónico” > Opcións

  • Correo electrónico informado: Fai clic en “Validar”.
  • Correo electrónico non informado: Completa a información. Debes indicar dúas veces o enderezo electrónico que queres gardar e validar.

6. Recibirás un correo electrónico no enderezo electrónico indicado

7. Fai clic na ligazón enviada ou copia esa ligazón e pégaa nun navegador (Chrome, Firefox, Explorer, Opera…). Lembra que tes 48 horas para facelo. Transcorrido ese prazo, se non fixeches clic na ligazón que che enviamos, deberás comezar outra vez o proceso.

1. Accede á Área privada na app do BBVA 

2. Introduce as túas claves de acceso 

3. Accede ao menú lateral (na parte superior dereita) 

4. Selecciona a opción “Perfil e axustes” (xusto debaixo do teu nome e apelidos) 

5. Verifica o apartado “Enderezo electrónico” > Opcións 

  • Correo electrónico informado: Verás unha mensaxe: “Enderezo electrónico pendente de validar. Fai clic en “Validar”. 
  • Correo electrónico non informado: Completa a información. Debes indicar dúas veces o enderezo electrónico que queres gardar e validar. 

6. Recibirás un correo electrónico no enderezo electrónico indicado 

7. Fai clic na ligazón enviada ou copia esa ligazón e pégaa nun navegador (Chrome, Firefox, Explorer, Opera…). Lembra que tes 48 horas para facelo. Transcorrido ese prazo, se non fixeches clic na ligazón que che enviamos, deberás comezar outra vez o proceso.

Para que serve validar o enderezo electrónico?

Validando o teu correo electrónico poderás recibir todas as comunicacións de BBVA que desexes no teu correo electrónico, incluídas aquelas relacionadas coas operativas que realizases e das que solicitaras un resgardo.

Validar o teu enderezo electrónico é un requisito de seguridade para poder verificar a autenticidade do enderezo electrónico e que es propietario dese enderezo electrónico.