Como abrir unha conta para dous titulares?

Explicámosche que debes facer para poder incluír dous titulares ao abrir unha conta en liña.
Se queres abrir unha conta para dous titulares, podedes realizar o proceso en bbva.es, desde a app BBVA ou en calquera das nosas oficinas. Recomendamos que ambos os titulares esteades presentes no momento de abrirdes a vosa conta.

A continuación mostrámosche como facelo:

Sigue os pasos que se detallan aquí

* Lembra indicar que seredes dous titulares. 

Importante: durante o proceso de alta teredes que escoller un destes dous métodos de identificación da vosa identidade:

Iberpay: Utilizando un número de conta de que dispoñades noutro banco.

Podedes utilizar o mesmo número de conta para identificar ambos os titulares, se tamén esa conta que facilitades é compartida. Nun prazo estimado de 10-12 días (unha vez entregada toda a documentación requirida) recibiredes un correo electrónico para notificar que a vosa conta xa se encontra operativa para realizar ingresos e gastos con total normalidade. Así mesmo, poderedes acceder á vosa respectiva posición global para verificar o estado de emisión de cada unha das tarxetas.

Mensaxeiro: Identificación de maneira presencial.

Se escollestes a opción de “Mensaxeiro”, ao final do proceso aparecerá na pantalla un número de teléfono para que vos poidades pór en contacto* coa empresa de mensaxaría que traballa co BBVA. Podedes concertar unha cita individual ou conxunta, no enderezo que indiquedes. O mensaxeiro pasará recoller a documentación e cotexar os datos achegados. Unha vez realizado este proceso, cada titular recibirá un correo electrónico e unha SMS para notificar que a vosa conta se encontra operativa e poderedes acceder á vosa respectiva posición global.

*Se por algún motivo non puidestes contactar coa empresa de mensaxaría para concretardes unha cita, poranse eles en contacto convosco chamando ao voso teléfono móbil para tentar pechar a data e a hora de recollida da documentación.

Sigue os pasos que se detallan aquí

Lembra indicar que seredes dous titulares.

Recomendacións para o proceso:

  1. Que ambos os titulares sexades maiores de idade (18 anos ou máis).
  2. Ter un número de DNI ou NIE (número de identidade de estranxeiro en España). Recomendámosvos terdes preparadas e gardadas no ordenador as fotografías de ambos os documentos.
  3. Ter á man os teléfonos móbiles de ambos os titulares para poder asinar os contratos mediante unha SMS gratuíta que vos enviará o BBVA aos números de teléfono que sinaledes no formulario.

Que pasa se só un dos dous é cliente do BBVA?

Se xa es cliente e queres aprender como engadir titulares á túa conta ou abrir unha nova con dous titulares, preme aquí.