Como identificarse nunha oficina BBVA para terminar a alta de cliente?

Estes son os pasos que debes seguir para terminar a alta de cliente nunha oficina BBVA.
Outra das formas de identificación de novos clientes do BBVA é a través das oficinas. A identificación permítenos constatar a identidade do titular da conta antes de que estea operativa. Se prefires identificarte nunha sucursal, contámosche que debes traer:
Se, no proceso de alta a través de bbva.es ou na aplicación BBVA, anexaches ou enviaches por correo electrónico o teu DNI/NIE, non é preciso levares nada. Nas oficinas o único que farán é constatar que a persoa que figura no documento de identidade que enviaches/anexaches es ti.
Se, no proceso de alta a través de bbva.es ou na aplicación BBVA, non anexaches ou enviaches o teu DNI/NIE, é importante que o leves contigo para finalizar o proceso de alta.
Queres saber se a túa conta está operativa? Fai clic aquí.