Como podo acceder á miña Conta BBVA?

Explicámosche que necesitas para acceder á posición global da túa conta e como usar o usuario e o contrasinal.

Que datos necesitas para acceder á posición global da túa conta e como funcionan o contrasinal e o usuario? BBVA dáche a posibilidade de acceder á túa conta desde calquera dispositivo con conexión á Internet. De maneira rápida e sinxela, sen desprazamentos nin esperas na oficina do banco, podes acceder a todos os datos relacionados coa túa conta BBVA. 

Desde a páxina de inicio da Área privada e cun só clic, poderás acceder aos seguintes apartados: 

  • O meu mes: relación de gastos e ingresos mensuais. 
  • Contas: consulta de movementos, saldo dispoñible e outras opcións avanzadas. 
  • Tarxetas: información da actividade realizada con tarxetas de crédito e débito BBVA. 
  • Outros: consulta de plans de investimento, programas de aforro, seguros, etc.

 

Cales son os datos necesarios para acceder?

Para accederes á conta BBVA desde calquera dispositivo terás que proporcionar dous datos obrigatorios: usuario e contrasinal.

Usuario

O usuario de acceso ten as seguintes características:

  • Será sempre o teu DNI (NIF/NIE/pasaporte se es estranxeiro) coa letra en maiúscula, sen espazos nin guións. Por exemplo: 52367863D. 
  • Importante: non se debe utilizar nunca o enderezo electrónico, nin o teléfono, nin calquera outro dato persoal.

Contrasinal

Un contrasinal de acceso á conta BBVA debe cumprir os seguintes requisitos: 

  • Extensión máxima de 6 caracteres (letras e números). 
  • Non ter espazos.
  • Non incluír símbolos ($,%,&,/etc.).

Á hora de crear un contrasinal, considera os seguintes consellos para aumentar a seguridade: 

  • Non comuniques a clave a ninguén. 
  • O contrasinal de acceso á túa conta BBVA debe ser diferente ao PIN das túas tarxetas. 
  • Se sospeitas que un terceiro descubriu o teu contrasinal, cámbiao decontado. 
  • Non o facilites nunca por teléfono, correo electrónico ou SMS. O BBVA nunca cho pedirá por ningunha destas vías. 

Se non estás seguro de cal é o teu contrasinal, debes lembrar onde te deches de alta na túa conta BBVA.

Se non lembras que contrasinal estableciches, independentemente do método co que te deches de alta, podes recuperalo accedendo a esta ligazón.

Cales son as vías de acceso?

Existen tres vías de entrada distintas á túa conta BBVA: desde a web, desde un móbil smartphone e desde a tableta. 
  1. Na parte superior dereita da web hai un botón de cor azul que pon “Acceso clientes”. Preme sobre el e despregarase un cadro pedíndoche os teus datos de acceso.
  2. Introduce os teus datos de acceso, é dicir, o teu usuario e contrasinal.
  3. Preme sobre o botón azul inferior que pon “Entrar”. 

Á hora de acceder desde a web, debes ter en conta que o BBVA recomenda facelo desde un navegador Microsoft Internet Explorer 8 ou un Mozilla Firefox 3.5 ou superior.

Se estás a navegar na web bbva.es desde o móbil, desprega o menú lateral (arriba á dereita) e preme sobre a opción "Acceder".

Primeiro tes que descargar a app:

  • Android: dispoñible na Play Store. É recomendable ter un sistema operativo Android 5.2.0 ou superior. Algúns accesos directos incorporados recentemente necesitan un sistema operativo Android 7.1 ou superior.
  • iOS: Para o seu correcto funcionamento é recomendable ter un sistema operativo iOS 9.0 ou superior.

Introduce os teus datos de acceso, é dicir, o teu usuario e contrasinal, e despois preme o botón azul inferior que pon “Entrar”.

  1. Se decides acceder á túa conta BBVA desde unha tableta, terás que seguir o mesmo proceso que se te decantas polo móbil. 
  2. Acceder desde o navegador a bbva.es.
  3. Descarga a app BBVA.