Como ingresar diñeiro nun caixeiro BBVA

Contámosche os pasos que tes que seguir, tanto se es cliente coma se non.

Pasos que debes seguir para ingresar diñeiro nun caixeiro BBVA

Poderás ingresar diñeiro na rede de caixeiros BBVA tanto se es cliente da entidade como se non o es. Agora ben, o que necesitarás para facer a operación cambiará en cada un dos dous supostos.

Que necesitas para ingresar diñeiro se es cliente do BBVA.

  1. Ou ben a túa tarxeta BBVA.
  2. Ou ben as túas claves de acceso (usuario e contrasinal) de bbva.es ou da app BBVA.
  3. Ou ben coa túa cartilla. Lembra que o límite máximo que poderás ingresar dunha soa vez é de 100.000 €. Para cifras superiores é obrigatorio a presentación do modelo S-1 (DECLARACIÓN DE MOVEMENTO DE MEDIOS DE PAGAMENTO).

Que necesitas para ingresar diñeiro se non es cliente BBVA

  1. No caixeiro terás que elixir a opción “Acceder sen tarxeta/cartilla”.
  2. Elixe a opción de realizar un ingreso a unha conta BBVA.

Ao non ser cliente da entidade, só poderás ingresar 1.000 € por conta e día. Para cantidades superiores requírese a identificación da persoa que realiza a operación.

Ingresar diñeiro nun caixeiro: coñece o procedemento paso a paso

Así que teñas todo o necesario para realizar o ingreso, quer sexas cliente quer non, terás que seguir o seguinte procedemento paso a paso para non te perderes:

  1. Introduce a túa tarxeta no caixeiro para que apareza a pantalla de inicio.
  2. Identifícate co teu número PIN.
  3. Selecciona a opción “Facer outra operación”.
  4. Selecciona a opción “Ingresar diñeiro”.
  5. Selecciona a conta de destino na que queres ingresar o diñeiro entre unha destas opcións.
    • A unha das miñas contas. 
    • A outra conta da que non es titular.
  6. Introduce o concepto e o beneficiario do ingreso.
  7. Sigue as instrucións para ingresar o diñeiro. Lembra que non se poden introducir moedas, só billetes, e que non debes ingresalos con clips nin dentro de sobres.
  8. Ingresa o diñeiro pola rañura habilitada. O caixeiro emitirá unha luz verde intermitente para te avisar de que xa o podes facer. O caixeiro irache mostrando textos co número de billetes que podes engadir.
  9. Na pantalla do caixeiro aparecerá un reconto do diñeiro ingresado e terás a opción de ingresar máis cantidade ou de continuar coa operación.
  10. Neste punto terás tres opcións de ingreso: 
    • Que o caixeiro che devolva o diñeiro ingresado.
    • Ingresar na conta todo o diñeiro introducido.
    • Ingresar outra cantidade, sempre que haxa cambio dispoñible en caso de ter que devolver.
  11. Na pantalla aparecerá un resumo do ingreso especificando a conta de destino, o beneficiario, o concepto do ingreso, o importe introducido e o número total de billetes. Revisa os datos e pulsa “Continuar”.
  12. A continuación terás a opción de gardar a operación como “favorita ou rápida” para realizala outra vez no futuro sen ter que introducir os datos de novo, se es cliente. Tamén che aparecerá na pantalla un xustificante do ingreso e poderás escoller entre “Quero recibo” e “Non desexo recibo”. 
    • Se queres obter un xustificante da operación, pódelo obter impreso como un recibo, por correo electrónico, sempre de maneira gratuíta.