Non, traballamos cunha rede de concesionarios oficiais colaboradores. Son eles os que se encargan da xestión dos coches e de pór os prezos. No BBVA só ofrecemos financiamento.
No catálogo do BBVA podes elixir entre centos de coches eléctricos, híbridos ou GLP, novos ou con menos de 12 meses, dos nosos concesionarios oficiais colaboradores e ver cal sería a cota mensual con financiamento.
Ademais, poderás ver que ofertas e vantaxes exclusivas che ofrecen os concesionarios colaboradores por seres cliente do BBVA.
No BBVA ofrecemos condicións especiais de financiamento para a compra dun coche do catálogo:
Exemplo representativo: se pides 10.000 € a 8 anos, pagarías 95 cotas constantes de 133,81 €/mes e unha última cota de axuste de 134,14 €. O importe total debido ascendería a 12.846,09 € (2.846,09 € de xuros). Financiamento suxeito a estudo e aprobación por parte do BBVA.
Grazas ás axudas do Programa AUTO+ para vehículos novos eléctricos ou híbridos enchufables e dependendo da tipoloxía que compres, podes recibir:
Ademais, se o vehículo é novo, o concesionario ou fabricante aplicará un desconto mínimo de 1.000 € no prezo do vehículo.
E tamén, poderás deducir ata o 15% do prezo do coche na declaración da renda, cun máximo de 3.000 €, segundo a normativa fiscal vixente.
O catálogo de coches aínda non está dispoñible en Ceuta e Melilla.
Non, traballamos cunha rede de concesionarios oficiais colaboradores. Son eles os que se encargan da xestión dos coches e de pór os prezos. No BBVA só ofrecemos financiamento.