Comprar con tarxeta de crédito, vantaxes de financiar a compra

Algunhas compras de importe elevado resultaranche máis fáciles de asumir cunha tarxeta de crédito que permita adiar os teus pagamentos. Coñece os detalles.

Existen determinadas necesidades que moitas veces costa pagar de golpe. Porén, non é necesario pedir sempre un préstamo, senón que existen outras formas para poder financiar as compras: a tarxeta de crédito.

Os bancos ofrécenche polo xeral dous tipos de tarxetas bancarias diferentes: a de crédito e a de débito. Mentres que cunha tarxeta de débito as operacións se cargan de maneira inmediata á conta, coa tarxeta de crédito tes a posibilidade de pagar todas as compras realizadas durante un mes ao mes seguinte, ou ben adiar o pagamento en varios meses canda o pagamento de xuros ou comisión por adiamento.

Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

O pagamento a prazos coa tarxeta

Os pagamentos con tarxeta de crédito realízanse contra o límite de crédito da tarxeta. Isto significa que as compras non se cargan na conta do cliente no intre no que se realizan, senón que o seu cargo producirase o mes seguinte. Pero ademais, as tarxetas de crédito tamén ofrecen a posibilidade de fraccionar o pagamento de compras de importes elevados en varias cotas, de tal xeito que a posibilidade de adiamento permite unha maior flexibilidade na xestión dos teus gastos.

O adiamento dos pagamentos con tarxeta é unha xestión que se resolve rapidamente e sen papelorios. Ao faceres unha compra a partir dun determinado importe (50 euros), na túa tarxeta reflíctese o gasto en cuestión e ti, dende o portal de banca en liña ou dende a aplicación do banco, decides sen máis como pagalo, se facelo de golpe ou fraccionalo en diferentes prazos, sendo consciente de que este adiamento comporta o pagamento de comisións ou xuros.

Deste xeito, por exemplo, podes financiar a compra dalgunhas oportunidades, facer pagamentos elevados ou administrar simplemente gastos correntes, sempre contra o límite de pagamento da tarxeta e comportando esta operación o pagamento de comisións e xuros. Existe incluso a opción de dispor de efectivo a crédito, é dicir, de dirixirte a un caixeiro automático e retirar unha cantidade de diñeiro contra o límite de crédito da tarxeta que, posteriormente, poderás devolver a prazos.

As tarxetas de crédito, ademais, contan con certos seguros para protexerte de imprevistos. Por exemplo, nalgúns casos infórmante a tempo real dos movementos, ofrécenche seguros gratuítos por se che atracan no caixeiro e protéxente de posibles usos fraudulentos da túa tarxeta. Ademais, as novas tecnoloxías permítenche pagar co sistema “contactless” sen pasar a tarxeta ou ter acceso tamén a interesantes programas de puntos polos teus gastos. Toda unha serie de vantaxes que xustifica por engadido usar a túa tarxeta nas túas compras.

Gastos, comisións e condicións máis habituais dunha tarxeta de crédito

Dito todo isto, porén, a forma máis sinxela de ilustrar as vantaxes dunha tarxeta de crédito é falar con detalle dalgún produto en concreto. Entre os requisitos máis habituais para a concesión por parte da entidade bancaria dunha tarxeta de crédito adoitan estar a regularidade de ingresos por parte do propietario da tarxeta e dispor dunha conta bancaria.

No caso concreto do BBVA, con estes dous requisitos pódese acceder por exemplo a un produto de financiamento coma a “tarxeta Después BBVA ”, coa que se pode pagar en tendas ou dispor de efectivo en caixeiros a crédito a nivel mundial. A flexibilidade para o reembolso do diñeiro con esta tarxeta en concreto é sen dúbida ampla, xa que podes adiar o seu pagamento e facelo nun mes (neste caso, o día 5 do mes seguinte ao desembolso) ou en cómodos prazos. Tamén tes á túa disposición a posibilidade de personalizar o pagamento mediante as fraccións que decidas (ata en 36 cotas mensuais). Existe incluso o que se chama o “pagamento cero”, que consiste en diferir o pagamento até en dúas cotas mensuais ao ano. Entre os custos máis salientables deste produto en concreto, por exemplo, pode darse unha comisión anual de 40 € para o titular da tarxeta. Ademais, a comisión por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito pode ser gratuíta se o titular cumpre os requisitos do programa "Adiós Comisiones". Para máis información sobre esta tarxeta convidámosche a visitar a páxina web do BBVA; bbva.es

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.

Se elixiches coma sistema de reembolso para a túa tarxeta o pagamento total, as compras que realices coa túa tarxeta deberanse na túa conta o día 5 do mes seguinte. Se optas por retirar diñeiro a crédito nos caixeiros do BBVA, o banco cobrará unha comisión máis os xuros que correspondan. Se escolles o pagamento adiado, pagarás todos os meses unha cantidade fixa ou unha porcentaxe do gastado canda os xuros que correspondan polo adiamento. En definitiva, coma cliente do BBVA podes beneficiarte non só dunha tarxeta de crédito, senón tamén dunha flexibilidade para o pagamento de compras.

Entra en bbva.es para obter unha visión das distintas gamas de tarxetas comercializadas, describindo as características de cada unha delas. Unha ferramenta moi útil neste aspecto é o comparador de tarxetas, nel podes encontrar a que mellor se adapta ás túas necesidades.

CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.