Coberturas dun seguro médico internacional para estudantes

Que a saúde non sexa un problema para sacar o máximo partido á túa estancia no estranxeiro.

Cada vez son máis os mozos que viaxan durante longas tempadas ao estranxeiro para aprender idiomas, para traballar ou para estudar cunha bolsa Erasmus. De feito, segundo datos achegados pola Unión Europea correspondentes ao ano 2017, arredor de 40.000 estudantes universitarios españois accederon a esta para estudar ou ben para facer prácticas; e a cifra continúa en alza. 

A este número habería que sumar o de todos os estudantes que se desprazan fóra de España para realizar cursos de máis curta duración ou para facer prácticas en empresas estranxeiras. 

A saúde é o primeiro. Por iso, é aconsellable que te informes ben da situación e o funcionamento do sistema sanitario do país de destino antes da viaxe e que contrates un seguro médico internacional para estudantes que inclúa as coberturas axeitadas para estar protexido. 

Na maioría dos países non é requisito indispensable contar cun seguro médico para acceder a eles. Pero hai excepcións. Consulta toda a información na páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores, onde se recomenda aos viaxeiros contratar seguros médicos nos seus desprazamentos ao estranxeiro para que estean protexidos e cubertos en caso de enfermidade ou accidente durante a súa estancia fóra de España, incluída a evacuación en avión medicalizado.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Coberturas básicas

Ter un seguro médico non evitará que xurda un contratempo ou un imprevisto, pero se acontece non fará un furado na túa economía. Se estás barallando opcións para contratar un seguro médico internacional para estudantes, estas son algunhas das coberturas que te poden sacar de apuros en caso de enfermidade ou accidente fóra de España: 

  • Gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización. 
  • Consultas en atención primaria e especializada. 
  • Traslados ao hospital. 
  • Traslados ou repatriación de doentes. 
  • Envío de medicamentos. 
  • Servizo de apoio emocional telefónico ou servizo de tradución. 
  • Gastos odontolóxicos.

Se viaxas a algún país dentro da Unión Europea

Se viaxas a Europa, podes solicitar a tarxeta sanitaria europea para ter cobertura médica en todos os países da Unión. Ten en conta que a TSE non che garante unha atención sanitaria totalmente gratuíta. Nalgúns casos, é posible que teñas que aboar a cantidade no momento, aínda que cha reembolsen máis tarde. 

Non esquezas que a TSE só che permitirá acudir a determinados centros concertados e, ademais, non se fai cargo dos gastos de repatriación, de ambulancia ou dos traslados do paciente ao centro. 

Coa tarxeta sanitaria europea os españois temos acceso á sanidade pública nas mesmas condicións que os nacionais dos seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Se o teu destino está fóra de Europa

Fóra do ámbito da tarxeta sanitaria europea, sería bo contratar seguros de saúde de viaxe cun capital asegurado para gastos sanitarios de alta contía. 

Se vas estudar aos Estados Unidos, é recomendable contratar un seguro médico que cubra toda a túa estancia. Ten en conta que unha consulta médica custa máis de 140 euros e unha noite de hospitalización pode aproximarse aos 9.000 euros. 

As coberturas máis habituais son por enfermidade, urxencia, accidente e repatriación. É importante que comprobes ben as coberturas mínimas esixidas polo centro onde vaias realizar os estudos. 

Outro aspecto que hai que ter en conta é o capital asegurado, que depende do destino ao que vaias. Se viaxas aos Estados Unidos, país con custos sanitarios máis elevados, deberá ser máis alto que se, por exemplo, vas a Francia onde son menores. 

O ideal é valorar todas as opcións e elixir aquela que te protexa mellor ante calquera tipo de urxencia que xurda durante a túa estancia no estranxeiro. 

Sexa cal for o teu destino, e se xa tes contratado o Seguro BBVA Más Salud, podes engadirlle o Complemento Estudantes, que ofrece unha cobertura médica en caso de urxencia ou enfermidade súbita, repatriación, ademais dunha cobertura específica para estudantes con indemnización de ata 1.000 € por perda de clases ou de matrícula en caso de accidente ou enfermidade, o pagamento dunha nova viaxe en caso de repatriación e un seguro de accidentes no caso de falecemento ou invalidez permanente. 

O custo deste complemento son 40 € ao mes por asegurado, para Europa, ou 70 € ao mes por asegurado, para o resto do mundo, que se engadirán ao recibo principal da túa póliza. 

Se sabes que seguro médico para estudantes no estranxeiro necesitas, estás listo para viaxar con toda a tranquilidade do mundo e gozar da experiencia ao máximo.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.