Que é un seguro de decesos?

É un seguro destinado a dar resposta a necesidades materiais e emocionais derivadas dun falecemento

Cando se produce o falecemento dun ser querido, os trámites que debe realizar a familia representan unha carga difícil de asumir, tanto a nivel persoal como económico. Ademais da complicación burocrática, incrementada pola delicada situación emocional, os familiares deben asumir o elevado custo do servizo de enterro. Para minimizar o impacto de ambas as cargas (organizativa e económica), existe o seguro de decesos.

O seguro de decesos é unha solución especializada destinada a coordinar e prestar os servizos funerarios cando o asegurado falece, dando apoio á familia tanto en aspectos emocionais como materiais de xestión e trámites. A cobertura garante o pagamento dos gastos e a xestión dos trámites necesarios para coordinar o servizo fúnebre, así como os eventuais custos e xestións de traslado do defunto desde calquera lugar do mundo ao lugar designado para a inhumación ou a incineración.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.


O seguro de decesos é unha solución especializada destinada a coordinar e prestar os servizos funerarios cando o asegurado falece, dando apoio á familia tanto en aspectos emocionais como materiais de xestión e trámites. A cobertura garante o pagamento dos gastos e a xestión dos trámites necesarios para coordinar o servizo fúnebre, así como os eventuais custos e xestións de traslado do defunto desde calquera lugar do mundo ao lugar designado para a inhumación ou a incineración.

Segundo se indica no informe da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) publicado a finais do 2016, un enterro en España custa de media 3.500 €. Con esta cifra na mente, resulta aconsellable contratar un seguro de decesos que cubra todos os gastos cando falezamos, evitando así deixar esta carga económica aos nosos familiares.

O valor diferencial do seguro de decesos, fronte a outras solucións, é que a compañía realiza todas as xestións relacionadas coa defunción (tramitación da documentación por falecemento, funeraria, traslado, incineración ou inhumación, necrolóxicas, flores…), ofrece apoio psicolóxico aos familiares (asistencia ás persoas) e, ademais, asume o seu custo.

Calquera persoa residente en España pode contratar un seguro de decesos. Ademais, trátase dunha póliza de carácter familiar que permite ofrecer cobertura a todos os membros da familia a través dunha mesma póliza.

Capital asegurado e tipos de prima

O seguro de decesos garante a prestación dun servizo funerario ata o límite da suma asegurada, que vén determinada polo prezo dos servizos funerarios, e estes varían en cada localidade.

A prima ou o custo do seguro establécese en función do custo dos servizos contratados, polo número de asegurados e, nalgunhas modalidades, tamén se considera a idade.

Segundo un informe da OCU de novembro de 2013, un enterro en Cuenca, en Tenerife ou nas Palmas custa a metade que un en Vigo ou en Cidade Real. Por este motivo, o prezo do seguro variará en función da localidade de residencia do asegurado nunha póliza de decesos.

Unha vez contratada a póliza de decesos mantense en vigor ata que o asegurado falece. Ademais, se unha vez pagados todos os trámites e actos fúnebres aínda queda capital dispoñible no seguro, o sobrante adoita ser entregado aos herdeiros do falecido.

As primas que se pagan nos seguros de decesos poden ser constantes, poden non variar pola idade do asegurado, poden variar en función da idade, ou pode haber unha combinación das anteriores. Nalgunhas modalidades de seguro é posible aboar o importe da prima nun pagamento único.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Coberturas dun seguro de decesos

Ao contratar un seguro de decesos, o asegurado pode elixir o tipo de servizo funerario que desexa que se preste no momento do seu falecemento: inhumación (o que se coñece habitualmente como enterramento), taxas de inhumación (para o caso de persoas que teñan en propiedade un nicho, sepultura ou panteón) ou incineración.

A cobertura principal dun seguro de decesos está composta, habitualmente, por dous conceptos: o servizo de enterro e os trámites administrativos relacionados con este. Os elementos que compoñen o servizo son, entre outros, os gastos da inhumación ou incineración, o tanatorio, o féretro ou a urna crematoria, o coche fúnebre, as coroas de flores, o nicho, as necrolóxicas… É habitual que o detalle dos citados elementos se adapte aos usos e costumes da localidade de residencia do asegurado. Con respecto ás xestións administrativas, a compañía aseguradora asigna un xestor especializado para que realice a coordinación do servizo e a xestión do papelorio. Estes trámites adoitan ser: obtención do certificado de defunción, baixa do libro de familia, inscrición no Rexistro Civil, partidas de defunción e de testamentos e Fe de vida.

Ademais destas coberturas, que xeralmente ofrecen todos os seguros de decesos, é habitual que se poidan incorporar outras coberturas adicionais como a asistencia en viaxe ou un capital asegurado en caso de falecemento por accidente.

Contratar un seguro de decesos co BBVA

O seguro de decesos que se pode contratar a través do BBVA contempla tres modalidades, dirixidas a distintos perfís, que permiten ofrecer cobertura a residentes en España, de calquera idade (ata 99 anos) e con independencia do seu estado de saúde. Trátase de pólizas familiares, que permiten incluír ata cinco asegurados na mesma póliza. Existe unha modalidade específica para estranxeiros residentes en España que desexan ser enterrados no seu país de orixe. Neste caso, cóbrense os gastos de repatriación do falecido, incluíndo todos. O seguro de decesos do BBVA ofrece aos asegurados a posibilidade de aboaren a prima de maneira trimestral, semestral, anual ou a través dun pagamento único, en función da modalidade escollida. Ademais, se unha vez sufragados os gastos derivados do falecemento non se usou todo o capital asegurado, a compañía entrega o diñeiro sobrante aos herdeiros.
CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.