Como elixir o mellor seguro do fogar calidade-prezo

Explicámosche como identificar o seguro do fogar que máis se axusta ás túas necesidades
Aínda que a lei só obriga a contratar un seguro do fogar no caso de que teñamos unha hipoteca, ninguén dúbida da necesidade de contar cun bo seguro que nos protexa no caso de que aconteza calquera contratempo tanto dentro como fóra da nosa vivenda. E como no mercado existen unha gran variedade de produtos, coberturas e prezos, é importante saber en que fixarse á hora de escoller o mellor seguro de fogar pola súa calidade-prezo.
Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

As coberturas máis importantes

Como en calquera outro tipo de seguro, o primeiro en que debemos fixarnos é nas coberturas e servizos que ofrece o produto. Non nos serve para nada un seguro moi barato pero que, á hora da verdade, non responda ante calquera incidente que ocorra no noso fogar.

Neste sentido, as coberturas básicas que todo seguro debe ter considerando os accidentes máis habituais na vivenda son:

1) Danos por auga (inundación e danos por líquidos)

Imaxino que te estarás a preguntar por que. Pois moi sinxelo, é o sinistro que se produce con maior frecuencia nunha vivenda. Quen non tivo ou coñece alguén que sufrise un escape de auga no seu fogar?

Deste xeito, os danos por auga poden ocorrer tanto por escapes ou derramos procedentes de instalacións de auga, depósitos ou aparellos, como por omisión de peche de chaves de paso ou billas. Ademais dos danos que provoque a auga, é importante que quede cuberto o custo da localización e reparación da condución estragada, e non está de máis que tamén se inclúa o exceso de gasto de auga a consecuencia do escape.

2) Rotura de cristais, mármores, louza sanitaria e cristal vitrocerámica

Se seguimos tendo en conta a frecuencia sobre a ocorrencia de sinistros, este é o segundo sinistro máis habitual que se produce no fogar.

Esta cobertura garánteche a reparación ou a indemnización pola rotura dos elementos enunciados no título, sempre que a causa da rotura sexa accidental.

3) Danos causados pola electricidade

Como podes imaxinar, esta é a terceira causa de sinistro máis frecuente producido nunha vivenda.

Esta cobertura cobre os danos causados pola electricidade ás instalacións e aparellos eléctricos provocados por correntes anormais ou sobretensión da rede exterior de subministración eléctrica.

Ata aquí destacamos as coberturas principais segundo a frecuencia de ocorrencia de sinistros. Pero tamén hai outro tipo de indicadores que debemos ter en conta para determinar as coberturas básicas dun seguro do fogar, como pode ser o alcance dos danos producidos.

Neste sentido, hai que destacar dúas coberturas: a cobertura de incendio e a garantía de responsabilidade civil. Pómosche un exemplo: Que pasaría se, por un descoido, esqueces unha frixideira no lume da cociña e provocas un incendio que causa graves danos na túa vivenda, na do veciño e na comunidade? O meu seguro do fogar cubriría todos os danos? Entremos en detalle.

4) Incendio, explosión, caída de raio e fume

Esta cobertura considérase a garantía esencial dunha póliza do fogar xa que o incendio é dos poucos sinistros que poden provocar a destrución ou deterioración total dos bens asegurados, tanto pola acción directa do lume como a causa do fume. Ás veces, a cantidade de fume é tan abundante que produce importantes desperfectos nas paredes e no chan, e provoca que todos os mobles e efectos da vivenda queden inservibles.

5) Responsabilidade civil extracontractual

É unha cobertura imprescindible no seguro do fogar, e, seguramente a garantía máis importante, xa que tanto como propietarios ou inquilinos dunha vivenda, como a nivel particular na nosa vida privada, somos responsables dos danos ou perdas (tanto materiais coma persoais) que poidamos ocasionar a terceiras persoas.

A garantía de responsabilidade civil asumirá a indemnización que corresponda realizar a un terceiro (coa limitación do capital asegurado na póliza) e tamén os custos de defensa do asegurado, por danos ou perdas que ocasionemos a este de maneira involuntaria; sempre que sexamos responsables da produción dos devanditos danos. É importante ter en conta que esta garantía non se limita unicamente a cubrir os danos que poida producir a nosa casa a un terceiro (como é o caso dun escape de auga que ocasione danos ao veciño), senón tamén os danos que nós podemos causar a terceiros na nosa vida privada.

Aquí, o abano de casos que poden producirse é moi elevado: por exemplo, o teu fillo tira unha pedra e rompe o cristal dun coche ou o teu can escapa e provoca un accidente de tráfico. Que pasaría nestes casos? O teu seguro do fogar, a través da garantía de responsabilidade civil, cubriría estes danos e faríase cargo de indemnizar os terceiros prexudicados. Por iso, e “polo que poida chegar a pasar” é aconsellable buscar un seguro cuxa cobertura de responsabilidade civil sexa, como mínimo, de 250.000 €. Seguimos con outras coberturas útiles…

6) Danos ocasionados por fenómenos atmosféricos

(Chuvia abundante, vento forte, pedrazo ou exceso de peso de neve acumulada) Cada día atopamos nas noticias máis casos de desastres naturais: grandes nevaradas, inundacións, refachos de vento forte, pedrazo, etc… A pesar de que a gran maioría dos seguros do fogar incorporan esta cobertura, os límites de mínimos que se teñen en conta poden variar. Por exemplo, a velocidade mínima do vento, para que os danos queden cubertos, pode fixarse en 70 km/hora, 85 km/hora, etc. Polo tanto, é aconsellable ter en conta estes baremos.

7) Danos causados por roubo

Esta cobertura indemnizará polo importe do valor dos bens subtraídos ou roubados da vivenda, sempre que se produza con forza nas cousas ou con violencia ou intimidación sobre as persoas. Habitualmente, tamén se poderá asegurar o atraco fóra da vivenda e, nalgunhas pólizas, o furto (apoderamento ilexítimo sen forza nas cousas, nin violencia ou intimidación nas persoas).

Este tipo de sinistro é o que máis indefensión provoca no asegurado. Un roubo no teu domicilio mentres dormes ou un atraco con violencia na rúa, pode causar unha sensación de desprotección moi elevada. Por iso, é importante ter un seguro que che axude a soportar as perdas e danos ocasionados nestes momentos tan delicados e que che facilite a reparación do teu fogar (por exemplo, envío dun cerralleiro para arranxar a pechadura forzada por un ladrón que intentou acceder á vivenda).

8) Protección xurídica

É unha das coberturas que poden pasar máis desapercibidas á hora de contratar un seguro do fogar e que, porén, pode resultar moi útil no caso de que necesites protexerte no ámbito da túa vida privada e familiar. O servizo ofrece asistencia xurídica xudicial e extraxudicial, así como apoio para realizar xestións amigables e extraxudiciais de reclamación para defender os teus intereses. E dependendo da póliza que contrates terás unhas ou outras garantías. Por exemplo, podes utilizar esta cobertura para reclamar unha indemnización polos danos que outra persoa che causase.

9) Servizos adicionais

Tamén é importante coñecer que outros servizos che pode ofrecer o seguro do fogar que elixas, sen necesidade de sufrir un sinistro ou dano, e que achegan un valor adicional. Estes servizos cobren necesidades como a realización de tarefas básicas de bricolaxe no fogar.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

O prezo do seguro do fogar

O custo final dunha póliza de seguros depende, principalmente, das coberturas e os capitais (importes) que contratemos para o continente (estrutura fixa da vivenda) e o contido (mobles, electrodomésticos, roupa, etc). Así mesmo, existen outros factores, asociados ás características da vivenda, que tamén afectan, en boa medida, ao custo do seguro. Os principais datos que valoran as compañías aseguradoras para establecer o prezo son:

  • Réxime de tenza: O réxime de tenza define que relación ten o tomador da póliza coa vivenda asegurada (propietario ou inquilino).
  • Frecuencia e uso da vivenda: Non é o mesmo asegurar unha residencia habitual, na que o seu uso cotián pode propiciar que ocorran máis sucesos ou accidentes que provoquen algún sinistro, pero que pola contra ten un mantemento máis axeitado, que asegurar unha segunda vivenda, como a que utilizamos só para as vacacións e na que pode ter lugar un sinistro e descoñecelo ata que nos desprazamos á vivenda.
  • Tamaño: Referímonos aos metros cadrados construídos. Canto máis grande sexa a nosa vivenda, maior será o custo do seguro, xa que será máis elevado o custo de reposición en caso de sinistro.
  • Antigüidade: Por regra xeral, os inmobles máis antigos son máis caros de asegurar, xa que as súas instalacións (especialmente as relativas a conducións de auga e electricidade) son máis propensas a ocasionar problemas ou fallos que deriven en sinistros (danos por auga, incendios a causa de fallos eléctricos, …). Non obstante, esta circunstancia pode reducirse se, nun edificio antigo, foron reformadas totalmente as instalacións de auga, gas e electricidade.
  • Localización: O prezo da póliza tamén depende de onde estea situada a casa ou piso. Aqueles inmobles construídos en zonas despoboadas ou en zonas con perigos climáticos son máis custosos de asegurar.

Realmente hai pouco que poidamos facer para modificar algúns destes factores, inherentes á nosa vivenda. Porén, o que si podemos facer é escoller unha modalidade de seguro que se adapte ás nosas necesidades e ás características da vivenda que queremos asegurar.

Normalmente, as aseguradoras dispoñen de varias modalidades de seguro e, a partir dun paquete de garantías básico, danche a posibilidade de ampliar as coberturas da póliza escollendo unha modalidade superior máis completa. Esta é unha das claves á hora de elixir o mellor seguro do fogar en relación coa súa calidade-prezo, contratar só aquilo que realmente precisemos, en función das nosas necesidades e das características da vivenda que queremos asegurar.

Ademais, á hora de elixir un seguro, é tan importante o número de coberturas incluídas, como o alcance destas e os límites de indemnización asociados a elas. Por exemplo, en determinadas coberturas é importante dispor dun capital elevado (por exemplo, na garantía de responsabilidade civil) e, noutras, con maior frecuencia de ocorrencia, que non se apliquen franquías que poidan chegar a supor un desembolso “extra” en cada sinistro.

Tamén debemos ter en conta que calquera modificación ou mellora que realicemos no fogar para mellorar a súa seguridade, como por exemplo, dispor de portas blindadas, alarma ou servizo de vixilancia, pode axudar a rebaixar o custo do seguro. Outra maneira de aforrar é agrupar seguros mediante servizos como BBVA Plan EstarSeguro. Grazas a el podemos conseguir aforro e outras vantaxes, como o pagamento fraccionado sen incremento de prezo.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.