Que é a ASNEF e como inflúe na concesión dun préstamo

En España existen varias listaxes de morosos, que teñen repercusións na concesión dun préstamo.

Tras o acrónimo ASNEF encóntrase a Asociación Nacional de Establecementos Financeiros de Crédito. Dito doutra maneira, é un dos maiores rexistros de morosos de España. Polo tanto, aparecer incluído neste ficheiro vainos dificultar moito conseguir que un banco confíe en nós para outorgarnos un préstamo, crédito, hipoteca… en realidade, practicamente imposibilitaranos acceder a financiamento. Repasemos agora como funciona este arquivo e que alternativas hai para saír del.

A ASNEF é unha base de datos que as entidades bancarias consultan de maneira habitual como parte do estudo do perfil do cliente á hora de prestar diñeiro ou ofrecer a contratación de, por exemplo, tarxetas de crédito. Aínda que non é o único ficheiro destas características –o RAI (rexistro de aceptacións non-pagadas) é outro–, si é un dos máis relevantes e serve de ferramenta de toma de decisións para a maioría de bancos do país.

Báner superior simulador Báner superior simulador
Encontra o financiamento que necesitas
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Unha factura non-pagada como a da liña telefónica ou a factura do gas son suficientes para que a empresa que nos presta o servizo decida incluírnos neste ficheiro. No entanto, o consumidor debe ser notificado, como máximo, 30 días despois de ser incluído nesta lista.

A partir de aí, ábrese un período de graza de dez días no que podemos aboar as débedas que nos imputan. Se non for así, pasaremos oficialmente a formar parte da lista de morosos por un período de seis anos. E se este caso se chega a dar, a nosa capacidade para contratar servizos, tanto bancarios como de calquera outra natureza, verase drasticamente reducida.

Que facer se nos inclúen en ASNEF?

O normal é que ante a inclusión dos nosos datos na lista da ASNEF nos chegue unha notificación por carta. É entón cando se abren distintas posibilidades para reverter esta situación: quer pagar a débeda quer solicitar a cancelación dos nosos datos, desde que:

  • Non nos fose comunicada, vía postal, a inclusión dos nosos datos neste ficheiro.
  • A débeda non nos pertence ou non se pode demostrar que nos corresponde a nós.
  • Xa saldamos a débeda con anterioridade á inclusión dos nosos datos neste ficheiro.
Báner central simulador Báner central simulador
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Viaxar, comprar mobles novos ou ampliar os teus estudos é máis fácil cos préstamos en liña.

Para comezar o proceso de "borrado" dos nosos datos, o máis habitual é acudir ao noso banco (aínda que non fose a empresa que nos incluíse no ficheiro) ou, no seu defecto, visitar a web da Asociación, onde se explica con detalle o procedemento e facilítanse os correspondentes formularios.

Ademais, como clientes incluídos na ASNEF, temos dereito a solicitar información sobre a empresa que reclamou a nosa inclusión na lista, a cantidade que nos reclaman e a data na que os nosos datos foron parar a este ficheiro.

CTA calcula CTA calcula
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.