Existen préstamos cuxo financiamento estea exento de xuros?

Préstamos e xuros: como funcionan.

Ao solicitar un préstamo, o cliente asume que o financiamento debe comportar unha serie de custos ou xuros polos que ten que responder. Este é o funcionamento normal dun financiamento bancario, aínda que debido á gran variedade de préstamos aos que se pode acceder hoxe en día, as condicións derivadas de cada un difiren bastante entre si, mesmo se o financiamento é sen xuros.

De feito, non é só o tipo de préstamo que se solicita, senón tamén as comisións asociadas ou o xuro ao que está suxeito o que debes ter en conta. Neste sentido, o BBVA dispón dun amplo abano de posibilidades de financiamento cuxos xuros se presentan en diferentes formatos e, nalgunhas ocasións, mesmo supoñen un tipo de xuro do 0 % para o prestameiro. O BBVA oferta, en efecto, os seguintes préstamos ao consumo:

Báner Superior Préstamo Rápido Báner Superior Préstamo Rápido
Préstamo Rápido sen documentos
Se non es cliente, podes solicitar de 3.000€ a 20.000€ de maneira 100% en liña.

Préstamos con financiamento bonificado ou reducido

Agora ben, que modelos de financiamento ofrecidos polo BBVA se poden conseguir sen pagar xuros? Esta pregunta non se pode responder sen antes coñecer os tipos de xuro e os gastos aos que se somete cada préstamo. Por iso, é necesario que te familiarices canto antes cos termos TIN (TXN) e TAE.

O tipo de xuro nominal, ou TIN (TXN), é, en esencia, a cantidade que o banco che cobra por prestarche diñeiro. Non obstante, esta porcentaxe non abonda para tomar unha decisión e comparar entre os diferentes préstamos, e non contabiliza as posibles comisións ou gastos que comporta a concesión do préstamo. Ademais, o TIN (TXN) establécese de forma atemporal, o que quere dicir que a cifra con que se representa non ten en conta o tempo fixado coa entidade bancaria para devolver o préstamo. Por estes e outros motivos, hai que coñecer tamén a taxa anual equivalente, a TAE.

A TAE permite coñecer o custo efectivo dun financiamento incluíndo o prazo de devolución, os termos de contratación e todos os tipos de comisións e custos adxuntos que recaen sobre quen solicita o préstamo. É por iso que algúns dos modelos de financiamento do BBVA que expuñamos anteriormente, como os préstamos persoais, de coche ou os preconcedidos, presentan valores aproximados do TIN (TXN) de entre 6 e 7 puntos e de entre 7 e 8 puntos para a TAE. Porén, tamén contan con reducións e bonificacións que, sen deixar a cero os xuros, si que eliminan as comisións de estudo ou reducen os propios xuros, proporcionalmente, segundo os prazos de devolución acordados ou a cantidade solicitada.

Existe realmente algún préstamo cunha redución total dos xuros?

No BBVA, desde logo que si, aínda que para encontrar solucións de financiamento cun tipo xuro cero, debes acudir ao anticipo de nómina do BBVA ou ao seu financiamento de recibos. Este financiamento ou préstamo non ten xuros, pero a súa TAE non é do 0 %, xa que pode levar asociada algunha comisión.

Anticipo nómina sen xuros : Non che pagaron a nómina aínda? O BBVA adiántacha sen cobrarche ningún tipo de xuro e só a comisión de apertura do 1,5 %. Deberás realizar a devolución nun período que comprenda de tres a seis meses e o importe máximo que se anticiparía sería de 3.000 euros ou a suma de tres nóminas.

Matrícula e Máster: O BBVA preocúpase pola túa formación académica e ofréceche un financiamento para os teus estudos sen cargos de xuro nominal (TIN 0%). Ata 60.000 € e cun prazo de devolución de nove meses. Ten unha comisión de apertura do 3 % e comisión de estudo do 0,50 %.

No caso do Máster, a cantidade máxima de financiamento ascende ata os 75.000 €, que poderás devolver en ata dez anos de prazo. Nos primeiros 24 meses, a carencia de capital é total. Para os primeiros seis meses o xuro equivalerá ao euríbor + 0 % e ascenderá ao euríbor + 6 % unha vez finalizado ese período.

Báner Central Préstamo Rápido Báner Central Préstamo Rápido
Queres un préstamo?
Solicitao de maneira rápida e 100% en liña. Sexas ou non sexas cliente do BBVA.

Non che queda claro por canto che sairá pedir un préstamo no BBVA?

Tanto o simulador como o comparador de préstamos son ferramentas dispoñibles na web do BBVA. Ben sexa para un préstamo persoal, para comprar un coche ou para pagar os teus estudos, estes simuladores axudarante a descubrires a forma máis apropiada de obter o diñeiro que necesitas. Non importa se xa es cliente do BBVA ou non, en ambos os casos poderás coñecer as condicións de financiamento, o tipo de xuro e os prazos requiridos para obter o financiamento que máis che conveña. Próbaos con todas as combinacións que desexes e descubre as vantaxes de financiar os teus proxectos co BBVA.
CTA Préstamo Rápido CTA Préstamo Rápido
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.