Como acceder a financiamento de mobles para unha casa

Cambiar a decoración do fogar pode supor un gran desembolso de diñeiro, contámosche como financiar o gasto.
Unha casa é o lugar no que estar cómodo, ao que un desexa volver tras un duro día de traballo e o sitio onde descansar a gusto. Porén, pode chegar o día en que un se canse do seu propio fogar pero, quen se pode permitir cambiar de vivenda cada catro anos? Unha boa alternativa para lle dar un aire novo á túa casa de toda a vida pode ser renovar o mobiliario e este cambio de imaxe pódelo facer facilmente grazas ao BBVA, que ofrece solucións á túa medida para financiar mobles novos. Coñece neste artigo algúns detalles ao respecto.
Báner superior simulador Báner superior simulador
Encontra o financiamento que necesitas
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Á hora de renovar os mobles da casa hai varias cousas que deben ser tidas en conta. É necesario identificar aqueles lugares ou cousas da casa que estean vellos ou queiras substituír. Así que decidises os mobles dos que te queiras desfacer, terás que planificar por cales os vas substituír. É dicir, se queres algo similar pero novo ou algo totalmente diferente que cambie por completo a decoración da casa. Lembra tamén ter en conta os materiais dos mobles. Por que é importante todo isto? Porque cando vas renovar e financiar os mobles dunha casa, todos os detalles contan para aumentar ou reducir gastos.

Moitas persoas teñen que recorrer ao financiamento dos mobles, a pesar de que a disparidade de prezos que se pode encontrar dependerá das necesidades de remodelación, dos materiais escollidos ou de se será necesaria unha obra de instalación.

Préstamos persoais en liña BBVA para financiar os mobles: características e condicións

Cada vez son máis as persoas que solicitan préstamos para financiar os mobles. O BBVA conta cun amplo catálogo de préstamos no que encontrarás o financiamento para os teus mobles novos. Os préstamos persoais en liña BBVA teñen unhas condicións fáciles de cumprir e unhas características tan amplas que permitirán financiar calquera tipo de renovación dos mobles da casa. Desde as reformas máis amplas ata os cambios máis modestos e sinxelos. A continuación contámosche os requisitos deste tipo de préstamos.

Os préstamos persoais en liña BBVA son préstamos ao consumo sen comisións de estudo e cunha comisión de apertura do 2,30%. En caso de que o cliente queira cancelar total ou parcialmente o préstamo, as comisións mantéñense nunha liña moi baixa. Se quedan menos de 12 meses para terminar de pagar o préstamo, a comisión de cancelación será do 0,50%, mentres que se queda máis dun ano, a comisión será do 1%.

O BBVA ofrece un préstamo cun tipo de xuro do 6,95% TIN fixo (7,73% TAE) e a posibilidade de conseguir un financiamento que vai desde os 3.000 € ata os 75.000 €. Se á hora de pedir un préstamo che preocupa o tempo do que disporás para devolvelo, o BBVA permíteche devolvelo ata en 10 anos.

O simulador de préstamos persoais inclúe un botón dedicado exclusivamente para os mobles; ao activalo poderás ver cal será a cota que terás que pagar mensualmente aínda que non sexas cliente BBVA. Para facelo só hai que especificar o número de titulares do préstamo, a cantidade de diñeiro que necesitas e os teus ingresos e gastos mensuais.

Báner central simulador Báner central simulador
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Viaxar, comprar mobles novos ou ampliar os teus estudos é máis fácil cos préstamos en liña.

Non che queda claro por canto che sairá pedir un préstamo no BBVA?

Tanto o simulador como o comparador de préstamos son ferramentas dispoñibles na web do BBVA. Ben sexa para un préstamo persoal, para comprar un coche ou para pagar os teus estudos, estes simuladores axudarante a descubrires a forma máis apropiada de obter o diñeiro que necesitas. Non importa se xa es cliente do BBVA ou non, en ambos os casos poderás coñecer as condicións de financiamento, o tipo de xuro e os prazos requiridos para obter o financiamento que máis che conveña. Próbaos con todas as combinacións que desexes e descubre as vantaxes de financiar os teus proxectos co BBVA.
CTA calcula CTA calcula
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.