Coche eléctrico, financiamento e aforro

Descubre todas as vantaxes do coche ecolóxico e como financiar a súa adquisición.

Aínda que a presenza dos coches eléctricos na sociedade española é aínda relativamente baixa en comparación con outros países de Europa, as vendas e a matriculación deste tipo de vehículos víronse exponencialmente incrementadas nos últimos anos. 

Aínda que é certo que o aumento da conciencia ambiental constitúe un dos principais factores que motivaron a aparición desta nova tendencia, a realidade é que os coches eléctricos presentan outras moitas vantaxes das que os usuarios xa comezaron a decatarse, entre as que destacan o aforro a longo prazo e as facilidades de financiamento. Se aínda non sabes cales son os beneficios de optar por un coche ecolóxico e como conseguir financiamento para o teu coche eléctrico, neste artigo contámoscho.

Báner Superior Coche Báner Superior Coche
Encontra o financiamento que necesitas para o teu coche
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Aforro a longo prazo

A diferenza doutros produtos de consumo, os gastos asociados á compra dun vehículo non se limitan ao seu prezo de venda ao público, senón que se prolongan durante todo o período de utilización deste. Así, á hora de elixir un vehículo, é fundamental realizar un cálculo estimado do custo real que supón o seu uso a longo prazo, tendo en conta variables como o consumo de gasolina, o mantemento ou o seguro. Neste sentido, e a pesar de que o seu prezo de venda adoita estar por riba do dos vehículos convencionais, o uso dos coches eléctricos tende a xerar un aforro considerable a longo prazo para os seus propietarios. 

En primeiro lugar, o funcionamento dos coches eléctricos non require o emprego de ningún tipo de combustible, senón que se basea na carga dunha batería integrada no motor do vehículo. Así, a condución destes coches ecolóxicos implica a eliminación absoluta dos custos asociados á gasolina. 

Por outra banda, os vehículos eléctricos dispoñen dun sistema mecánico moito máis sinxelo ca o dos convencionais, prescindindo non só da caixa de cambios, senón tamén dos sistemas de aceite e refrixeración. Como consecuencia, as necesidades de mantemento e recambio de pezas, e, por extensión, os gastos asociados a estas, son moito menores. 

Por último, a adquisición deste tipo de coches comporta certas vantaxes no ámbito fiscal. Xa que o imposto especial sobre determinados medios de transporte, coñecido como imposto de matriculación, calcúlase en función das emisións de CO2 que xera o vehículo, a matriculación da maioría dos coches eléctricos esixe o pagamento duns importes moi reducidos, chegando incluso a ser gratuíta.

Métodos de financiamento do coche eléctrico

Os futuros compradores pode acudir á súa entidade bancaria de confianza en busca do financiamento que necesitan para adquirir un coche eléctrico. O funcionamento do proceso de financiamento é idéntico ao de calquera outro tipo de préstamo: unha vez concedido o importe, o beneficiario debe devolvelo, canda os xuros correspondentes, ao longo dun período de amortización cuxa duración se establece no contrato do préstamo. 
Báner Central Coches Ecolóxicos Báner Central Coches Ecolóxicos
Consigue o teu coche híbrido ou eléctrico
Se queres adquirir un vehículo ecolóxico, non perdas as nosas condicións especiais.


Á marxe destes préstamos xerais, dirixidos á adquisición de coches de calquera tipo, moitas entidades bancarias comezaron a ofertar produtos especialmente deseñados para financiar a compra de vehículos eléctricos. Polo xeral, este tipo de préstamos adoitan presentar condicións moito máis vantaxosas que no caso dos vehículos tradicionais, especialmente no relativo aos tipos de xuro: ao tratarse de instrumentos que favorecen a adquisición de produtos ecolóxicos e sostibles, o tipo de xuro nominal aplicable tende a ser notablemente inferior. 

Se estás buscando financiamento para comprar un coche, pero non sabes por onde comezar, no BBVA temos a solución. Visita bbva.es e descubre as vantaxes do noso Préstamo Coche Ecolóxico. No BBVA desenvolvemos un produto especialmente deseñado para o financiamento do teu coche eléctrico. Empeza a gozar das vantaxes dun coche ecolóxico co BBVA.

CTA Coche CTA Coche
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.