Préstamo para decorar a casa dos teus soños

Requisitos, tipos de xuro, financiamento… contámosche todo sobre o préstamo que converterá a túa casa nun verdadeiro paraíso.

Todos soñamos cunha vivenda bonita, agradable e cómoda para, ao chegar a ela, poder dicir aquilo de “miña casiña, meu lar”. Ter a casa dos teus soños é cuestión de facer as reformas adecuadas e de decorala coas pezas clave. Porén, canto custa decorar unha casa?

Debido a que a resposta a canto custa decorar unha casa inclúe prezos moi dispares en función da magnitude da remodelación e, de maneira xeral, unha media bastante elevada que non todos os petos poden financiar de golpe, existen préstamos bancarios para axudarnos a facer realidade os nosos soños.

Báner superior simulador Báner superior simulador
Encontra o financiamento que necesitas
Calcula a cota do teu préstamo de forma rápida e sinxela.

Requisitos para obter un préstamo

Antes de falar detidamente das condicións e características do préstamo, é importante coñecer os requisitos que hai que cumprir para solicitalo. Pois lanzarse á decoración sen cumprir as circunstancias para poder financiala sería como pór o carro diante dos bois. Os requisitos xerais que solicita o BBVA para proxectos como reformar e decorar unha casa son os seguintes:

  • Estabilidade de ingresos: é unha das primeiras cousas que estudará o banco para determinar se o solicitante do préstamo é válido ou non. A forma de saber se alguén ten unha estabilidade nos seus ingresos é avaliando a súa nómina, pensión ou a documentación requirida a autónomos. Por exemplo, se a persoa leva tempo traballando na mesma empresa, ten un contrato indefinido e un soldo estable, unha gran parte estará gañada para lle concederen o préstamo.
  • Capacidade de pagamento: este requisito fai referencia á cantidade de salario que perciba mensualmente o solicitante do préstamo e á capacidade de facer fronte as obrigas de pagamento dun préstamo. É importante distinguir este punto do anterior, pois non é o mesmo recibir unha nómina todos os meses e que esa nómina sexa suficiente. É dicir, aquí o banco valora se o posible prestameiro, despois de pagar a cantidade mensual do préstamo, terá uns ingresos suficientes para vivir, o que é denominado: balance de caixa.
  • Garantías: é probable que o banco solicite unha garantía ou aval que responda en caso de falta de pagamento. Tamén entraría dentro das garantías pedir ao cliente que contrate un seguro de protección de pagamentos, de forma que a entidade bancaria asegure o cobramento do importe prestado trasladando o risco á compañía aseguradora.

Préstamo Personal BBVA

O Préstamo Persoal Online BBVA está dentro do catálogo de préstamos ao consumo que oferta a entidade bancaria; solicitalo é tan fácil e rápido como facer clic nun botón. Na web do banco encontrarás toda a información detallada. As comisións de cancelación que ofrece, por exemplo, son realmente baixas e dependen de cantos meses quedan para pagar o préstamo. Se quedan menos de 12 meses para terminar de pagalo, a comisión de cancelación é do 0,50% sobre o importe amortizado, mentres que se queda máis dese período de tempo, sobe ata o 1% de comisión.
Báner central simulador Báner central simulador
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Viaxar, comprar mobles novos ou ampliar os teus estudos é máis fácil cos préstamos en liña.

Co Préstamo Persoal Online BBVA para decorar e/ou reformar a túa casa poderás solicitar un importe mínimo de 3.000 € e máximo de 75.000 €. Un abano tan variable pode servir a todos os clientes. Ademais, o prazo para devolver o préstamo continúa con esta flexibilidade: está entre os dous e os dez anos.

Se aínda tes dúbidas, co simulador de préstamos persoais do BBVA poderás calcular como serían as túas cotas, aínda sen seres cliente do banco, e solicitar o préstamo en menos de tres minutos! Decorar a casa nunca foi tan fácil e rápido.

CTA calcula CTA calcula
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.