Algúns consellos para aforrar

Descubre a mellor forma de aforrar diñeiro para facer fronte a imprevistos.
Segundo fontes do INE e do Banco de España, a taxa de aforro dos españois alcanzou mínimos históricos en 2018, chegando a tan só o 6,1 por cento da renda dispoñible. Neste contexto, e tendo en conta os anuncios de próximas subidas no prezo dos servizos básicos como a electricidade ou a auga, moitos pensan en como comezar a aforrar para poderen facer fronte a imprevistos e contaren cun colchón financeiro para teren unha maior seguridade. Neste artigo ofrecémosche algúns consellos para aforrar.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Establece un orzamento

Á hora de comezar a aforrar diñeiro, o primeiro paso e máis importante é fixar un orzamento que inclúa todos os gastos fixos aos que hai que facer fronte de forma periódica. Estes gastos inclúen as facturas de auga, electricidade, teléfono ou Internet, así como as cotas de hipoteca ou alugueiro da túa casa. Así que teñas presentes todos os teus gastos fixos, fai un exercicio de reflexión, tendo en conta que gastos son realmente imprescindibles. É frecuente que se convertan certos gastos en fixos cando non se lles tira partido e son prescindibles, como por exemplo subscricións a servizos de vídeo, música en streaming ou publicacións que, aínda que de forma individual pareza que non supoñen un grande esforzo económico, no seu conxunto poden chegar a supor unha suma importante que se pode dedicar a gastos prioritarios.

Unha vez identificados estes gastos correntes e imprescindibles do día a día, o seguinte paso sería determinar un segundo nivel de gasto, que corresponde a cuestións relativas ao lecer ou produtos ou servizos que non sexan de primeira necesidade. O recomendable é destinar unha determinada porcentaxe dos ingresos a este tipo de gastos e, unha vez fixado, non o exceder. Por último, anota todos estes datos nunha folla de cálculo, onde poder facer un seguimento máis rigoroso de todos os teus gastos e ingresos.

Reduce o consumo en luz e electricidade

Reducir o consumo nas facturas do fogar por veces parece complicado, especialmente en momentos en que os prezos destes servizos se encontran en fase crecente. No entanto, existe unha forma de afrontar esta situación dunha forma positiva.

Nos últimos anos aumentou a innovación no sector dos electrodomésticos e algúns fabricantes investiron moito esforzo en buscar formas de crear produtos máis eficientes. Desta forma, se contas con electrodomésticos de última xeración, é posible reducir o teu consumo en luz e auga sen apenas notares a diferenza. Aínda que ao principio cambiar os teus electrodomésticos poida parecer un gasto máis, trátase dun investimento que pode permitir reducir os teus gastos fixos a longo prazo. Ás veces, paga a pena un esforzo a curto prazo para obter aforro no medio e longo prazo.

Evita a compra por impulso

Trátase dun consello que todos temos en mente, pero que non sempre é fácil levar a práctica nun contexto dominado pola mercadotecnia e a tentación ao consumo. Isto débese a que a compra por impulso se dá cando nos pomos conscientemente en situacións que a propician. Un exemplo sinxelo é ir facer a compra co estómago baleiro. Neste escenario, as posibilidades de incorrer en compras compulsivas son moito máis elevadas. Tamén saír de compras baixo determinados estados de ánimo pode dar lugar a estes comportamentos.

Este exemplo pódese aplicar a case todas as situacións. A compra por impulso é algo que podes evitar facendo un exercicio de autocontrol e planificando os momentos en que te pos en situacións onde terás unha maior tendencia a comprar produtos que non sexan de primeira necesidade.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Compara prezos e busca as mellores ofertas en liña

Outro consello que che pode resultar de moita utilidade á hora de comezar a aforrar consiste en comparar prezos e buscar as mellores ofertas. Isto non sempre é viable, aínda que grazas a Internet, cada vez temos máis capacidade de elección en todo tipo de produtos e servizos. Existen moitos sitios web dedicados á comparación de prezos en diferentes produtos. Deste modo, se estás a buscar un seguro, por exemplo, tes ao teu alcance innumerables webs que en minutos comparan os prezos das diferentes compañías aseguradoras. O mesmo ocorre con viaxes, billetes de avión e ata ofertas de lecer.

Se realmente buscas aforrar, este pequeno esforzo non é nada en comparación coas vantaxes que podes obter.

En definitiva, existen moitas maneiras de aforrar. Algunhas son máis sinxelas e outras requiren algo de esforzo, pero é fácil ver os froitos que levan consigo este tipo de accións. No BBVA, sabemos o importante que é aforrar para levar unha vida máis tranquila e, por iso, pomos á túa disposición unha serie de servizos e ferramentas destinadas a axudarche a cumprir os teus obxectivos de aforro. Na app do BBVA podes encontrar As miñas metas BBVA, unha sección que che permite organizar os teus ingresos e gastos co obxectivo de aforrar diñeiro que queiras destinar a un obxectivo específico. Visita bbva.es ou vai a calquera das nosas sucursais para obter toda a información que necesites.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.