Accións ou fondos de investimento? Descubre as súas principais características

Contámosche cal é a mellor maneira para tirares rendemento aos teus aforros
Son moitos os que queren investir, pero non saben se facelo mediante accións ou fondos de investimento. Ambos son medios para investir na bolsa (no caso dos fondos, ademais, noutro tipo de activos) cos que poderás tirar un maior rendemento ao teu capital. Porén, estes dous instrumentos teñen características moi distintas. Os principais aspectos para escoller entre unha opción ou outra serán os teus coñecementos financeiros e o tempo de que dispoñas para xestionar os teus investimentos. Neste artigo falámosche destes dous tipos de instrumentos de investimento e contámosche cal te pode beneficiar máis.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Claves dos fondos de investimento

Os fondos de investimento son instrumentos financeiros nos que un gran número de investidores confía para canalizar o seu aforro. Funcionan como institucións de investimento colectivo que reúnen as achegas de múltiples investidores, coñecidos como partícipes, que son no seu conxunto xestionadas por un equipo de profesionais da entidade xestora, de acordo a unha política de investimento determinada e co obxectivo de maximizar a rendibilidade.

Xa que nos fondos de investimento se delega a xestión nun equipo de profesionais, estes constitúen unha boa opción para todos aqueles que non teñan un coñecemento alto sobre investimentos ou que, sinxelamente, prefiran desvincularse das decisións de investimento por non teren tempo ou por outras causas. Polo tanto, os partícipes non se terán que preocupar pola xestión das súas accións, xa que se limitarán a asinar un contrato inicial e poderán supervisar a evolución da súa xestión, pero non estarán involucrados directamente nas operacións que se leven a cabo na carteira do fondo.

Outra gran vantaxe é que os custos transaccionais, operativos e de mantemento correrán por conta do fondo, polo que non terás que facerte cargo deles nin reducirán os beneficios que obteñas con este tipo de investimento. Ao investir cantidades elevadas obtéñense economías de escala e permiten alcanzar mercados e rexións que, de forma individual, sería moi custoso atinxir.

Por outro lado, nos fondos destaca a súa favorable fiscalidade. Tribútase pola ganancia ou perda patrimonial en IRPF, a uns tipos entre 19 % e 23 %, pero coa particularidade de que os traspasos entre fondos non xeran ningún impacto fiscal, xa que se deberá tributar pola ganancia acumulada no momento de solicitar o reembolso. Esta posibilidade de diferir o impacto fiscal de forma indefinida é moi útil para poder realizar de maneira máis áxil e sinxela cambios tácticos e estratéxicos no plan de investimento.

Os fondos tamén contan coa gran vantaxe de poder diversificar os investimentos moi facilmente: a carteira dun fondo de investimento pode estar composta por, aproximadamente 30 ou 40 títulos, un grao de diversificación moi difícil de alcanzar a través do investimento directo, debido aos custos transaccionais. Os fondos de investimento ofrecen a posibilidade de investir nun amplo abano de produtos financeiros (bonos, accións, bens inmobles...), pertencentes a distintos sectores, como o sector tecnolóxico, sanitario, inmobiliario, etc., nos mercados de calquera país do mundo. Poderías, grazas a un destes fondos, estar investindo nunha empresa líder de biomecánica na China.

Os fondos de investimento son unha opción máis segura que as accións, moi idóneas para un perfil de investidor máis conservador, xa que existen fondos que non incorren en grandes riscos. Tamén é moi boa opción se non queres investir unha suma alta de diñeiro. Ademais, son a mellor opción se o que buscas é investir a longo prazo, xa que con este instrumento financeiro non terás que tributar polos cambios que realices na carteira.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Accións e mercados bolsistas

Investir en accións require ter un maior coñecemento dos mercados bolsistas e de como se realizan e se xestionan as operacións na bolsa. Ademais, se optas por esta opción, terás que asegurarte de que contas co tempo necesario para involucrarte na súa xestión. É un mercado máis volátil, polo que require un seguimento máis frecuente.

Da mesma maneira que nos fondos de investimento é posible investir desde cantidades tan reducidas como 30 euros, para investir en accións requírense importes máis elevados, polos custos que implica a intermediación, especialmente fóra do mercado doméstico. A clave é que o custo de intermediación é unha determinada porcentaxe sobre o seu importe, pero existen comisións mínimas que encarecen notablemente a intermediación de importes reducidos. Ademais, con importes reducidos non se pode alcanzar un nivel de diversificación adecuado.

Moitos bancos ofrecen aos seus clientes asesoramento sobre accións ou fondos de investimento, aínda que tamén existe unha serie de institucións financeiras intermediarias que ofrecen este servizo e a través das cales se poden adquirir estes produtos.

No BBVA pomos á túa disposición distintos plans para investir en bolsa e mercados ou fondos de investimento. Para iso, descubre BBVA Invest, o noso servizo de asesoramento personalizado que che propón produtos de investimento que se axusten ás túas preferencias e obxectivos. Entra en bbva.es e descubre cal é a mellor maneira de investires.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.