Trucos e consellos para aforrar

Descubre a mellor forma de sacar o máximo partido ao teu diñeiro
Malia que non sempre é sinxelo, aforrar é un dos hábitos máis recomendables para calquera persoa. O obxectivo de adquirir un ben ou realizar un investimento son bos motivos para facelo, aínda que, mesmo se non tes pensado realizar un desembolso económico proximamente, intentar sacarlle o máximo partido ao teu diñeiro parece ser unha boa idea. En función de moitas circunstancias, logralo pode chegar a ser complicado, pero se contas con certos trucos e consellos para aforrar abrirase o camiño.
Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

O decálogo do bo aforrador

Existen diversas ideas e trucos para potenciar o aforro, cuxa efectividade será diferente dependendo de cada un, xa que o método que funciona á perfección para ti pode que non sexa tan beneficioso para outra persoa. Porén, si que se pode falar dun decálogo do bo aforrador con base a unhas ideas principais e de uso común que nunca deben faltar.

  • A planificación, clave: establece un plan, tanto no prazo como nos obxectivos que persegues. É o primeiro paso e, sen dúbida, un dos máis importantes.
  • Un orzamento realista: falamos de números, e para que estes cadren debe existir un orzamento. Configúrao ao teu gusto pero, iso si, marcando sempre metas alcanzables.
  • Rexistra os teus movementos: pódelo facer en papel, como se fixo sempre; ou tamén creando un rexistro informático. Apunta todo e obterás as conclusións necesarias para intentar lograr o que te propoñas.
  • Compra de forma intelixente: a cesta da compra supón un dos gastos principais en cada fogar. Lévaa a cabo en períodos de polo menos unha semana (parece mellor que facelo acudindo ao supermercado a diario), busca ofertas e non te deixes levar por impulsos.
  • Reduce os gastos na casa: ademais de na compra, a diferenza tamén se nota no aforro enerxético. Aproveitar ao máximo a luz natural, consumir só a enerxía que necesites, non abusar da calefacción… A lista de hábitos que se poden mellorar é inmensa e o mellor é que son fáciles de seguir e incorporar á nosa rutina de vida.
    • O recibo da luz: sen dúbida, é un dos gastos máis importantes en todos os fogares. Non só se trata de apagar as luces cando non as necesites, senón de te asegurares de que contrataches a potencia adecuada. En moitas ocasións esa potencia é excesiva e pagas moito máis sen necesidade. Non dubides en revisalo.
    • Combina débedas e aforro: ter pagamentos pendentes non ten por que significar que o aforro non é posible. Sempre que exista a posibilidade, dedica parte do teu orzamento ao aforro mentres pagas as débedas. En caso contrario, será unha tarefa complicada.
    • Lecer razoable: tampouco é necesario esquecerse do lecer. Reduce as ceas e as comidas fóra da casa e planea as viaxes con antelación. Hai verdadeiras gangas, sobre todo en liña.
    • Valora a opción de investir: existen multitude de produtos financeiros que che poden dar réditos. Plans de pensións, contas de aforro, fondos de investimento, etc. Estuda o mellor investimento, analiza e comprende os seus riscos e valórao como unha posibilidade real.
    • Non te rendas: malia que poida soar obvio, é a regra estrela do decálogo. Aforrar, en definitiva, é un hábito; e adquirir calquera hábito leva o seu tempo. A constancia e a confianza serán os teus mellores compañeiros de viaxe.
    Báner central Bconomy Báner central Bconomy
    Empeza a aforrar
    Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

    A aplicación que te axuda a aforrar

    Ademais, agora tamén te podes beneficiar da funcionalidade BBVA Bconomy, que che permitirá mellorar a capacidade de aforro. Terás información sobre o teu diñeiro que antes non tiñas. Poderás analizar a túa situación financeira, para saber onde podes aforrar. Porque canto máis sabes, mellor decides.
    CTA Bconomy CTA Bconomy
    Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

    Tamén che podería interesar

    • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
    • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
    • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
    Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

    Ferramentas de contas