Como podo reducir os meus gastos mensuais

Dámosche as claves esenciais para que controles os teus gastos mensuais e consigas aforrar cada mes

Reducir os gastos mensuais é un deses obxectivos que sempre entran nas famosas listas de propósitos de ano novo. Porén, desde que se declarou a situación de crise económica en 2008, recortar gastos e, polo tanto, conseguir aforrar pasaron de ser algo desexable a ser unha verdadeira necesidade para moitísimas persoas. Talvez, hai uns anos reducir gastos era unha prioridade para as familias con fillos, mentres que as parellas e persoas solteiras se podían permitir unha certa marxe de gastos sen planificar. Hoxe en día iso cambiou e case todos, por non dicir todos, necesitamos aforrar para ter un colchón financeiro no futuro.

É probable que buscando na Internet encontremos moitos sitios web que nos ofrezan milagres económicos, pero conseguir o desexado colchón financeiro que nos permita afrontar imprevistos só se consegue con moita previsión, planificación e conseguindo reducir os gastos mensuais innecesarios.

Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

Analiza e comprende todos os teus gastos mensuais

Antes de comezar a falar de pautas de comportamento e de trucos para poder conseguir o noso obxectivo, debemos ser conscientes de que reducir gastos é unha carreira de fondo e non un sprint. Parece necesario dedicar tempo a analizar en que gastamos realmente o noso diñeiro cada mes. Para conseguilo, é unha boa idea que reúnas todas as facturas e recibos do mes anterior e que anotes os movementos nun caderno ou ben nalgunha ferramenta informática como un cadro de Excel ou unha app específica.

É aburrido, pero poder ver todos os gastos mensuais que fixeches nun só documento é unha excelente maneira de avaliar aqueles que son imprescindibles, como a hipoteca ou o pagamento da comunidade e os que, polo contrario, se poden reducir ou directamente eliminar. Só sendo consciente de en que gastas cada céntimo poderás comezar a tomar medidas e a incorporar á túa rutina diaria trucos para reducires os gastos mensuais.

O aforro é unha prioridade, non un premio final

O principio básico das finanzas restou tradicionalmente os gastos dos ingresos dando como resultado o aforro. É dicir: gastos - ingresos = aforro. No entanto, cada vez está gañando máis apoios e aceptación a práctica inversa. É dicir, cambiar a orde dos termos, de maneira que aos ingresos se lle reste o aforro, quedando a operación matemática seguinte: ingresos - aforro = gastos. Aínda que á primeira vista non o pareza, cando se trata da nosa economía diaria e mensual, a orde dos factores si que altera o produto, e moito.

Ao considerar o aforro como parte da operación e non como o resultado desta, o que estamos facendo desde o primeiro momento do mes é ter en conta a porcentaxe de aforro coa que hai que cumprir. Desta forma, esa cantidade de diñeiro será descontada desde o principio, gastando menos cada mes e acumulando máis diñeiro para o futuro. Para conseguilo, podemos coller a nosa nómina mensual e, no momento de a recibir, restarlle unha porcentaxe que apartaremos para aforrala. Para facelo, podes buscar un produto que xere rendibilidade (por exemplo, unha conta de aforro), cuxas condicións te convenzan e que che sirva para apartar o diñeiro á hora de organizar os gastos mensuais.

Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Utiliza ferramentas que te axuden a controlar os gastos

Por moitos cambios que fagamos na nosa rutina diaria, se queremos reducir gastos mensuais, sempre é recomendable usar algunha ferramenta que te axude a controlar as túas finanzas. A nova ferramenta BBVA Bconomy permíteche ter información sobre o teu diñeiro que antes non tiñas e poder, así, analizar en detalle os teus gastos, descubrir como reducilos e conseguir aforrar para que che resulte máis fácil alcanzar as túas metas.

Grazas á nova ferramenta da app do BBVA, da que poderás dispor no teu smartphone, poderás analizar a túa situación financeira e comparar os teus gastos con outros perfís similares ao teu para saber onde podes aforrar.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas