Como cancelar unha conta bancaria

Explicámosche que debes ter en conta para cancelar a túa conta bancaria sen sorpresas

As contas bancarias moitas veces teñen un obxectivo concreto: aforrar para unha compra dun coche, pagar a hipoteca nunha entidade financeira determinada, compartir gastos nun piso con compañeiros e amigos, etc. É por iso que unha vez concluída esa finalidade moitos clientes deciden pola súa comodidade e tranquilidade cancelala. Noutros casos, pechar unha conta corrente débese a un falecemento ou por circunstancias de traballo (pagamento da nómina), por exemplo.

O proceso para realizar a devandita cancelación é sinxelo e non debería presentar contratempos, pero é importante entender as implicacións que ten e que non debemos perder de vista. Aínda que se trata dun trámite, como dicimos, fácil, hai unha serie de pasos que nunca está de máis coñecer.

Moitos usuarios poden crer que deixar a conta sen diñeiro (0 €) pode ser sinónimo de cancelación automática por cesamento de actividade ou falta de fondos. Porén, isto non é correcto. É importante informarse sobre os procedementos particulares de cada entidade financeira para a cancelación dunha conta corrente.

Báner superior Contas sen comisións Báner superior Contas sen comisións

Coñece a Conta En liña sen Comisións

Requisitos e documentación necesaria

1. Sinatura de cancelación por titulares da conta corrente co seu DNI (NIE, NIF)

O primeiro paso que debemos resolver para pechar unha conta bancaria é coñecer se a conta ten varios titulares, porque para cancelala debemos contar co consentimento de todos eles. Se o banco onde desexamos pechar a conta non ofrece o servizo de cancelación de conta en liña (por Internet) ou por outro medio remoto (vía correo postal, teléfono, fax, etc) os titulares deberán acudir presencialmente canda o seu documento de identidade, válido e en regra, para asinar a cancelación da conta. Nalgunhas entidades o devandito acto débese realizar na mesma oficina onde se realizou a apertura da conta bancaria que se quere cancelar.

- No caso de falecemento dun dos titulares:

Se un dos titulares da conta bancaria xa faleceu, deberán ser os herdeiros legais os que realicen este trámite, presentando a documentación que necesite a entidade bancaria (entre outros documentos, o certificado de defunción e a escritura de adxudicación da herdanza).

2. Entrega de tarxetas, cheques e cartillas

Antes de dar de baixa a conta corrente, o cliente debe eliminar ou destruír todas as tarxetas de crédito ou débito, cheques, cartillas ou talonarios que teña asociadas a esta.

Nalgúns casos é o banco o que solicita aos interesados que acudan á sucursal para a entrega de todos eses medios de pagamento. É unha medida de seguridade.

Recomendacións

Antes de asinar a cancelación e peche da túa conta bancaria:

  • Asegúrate de que non teñas recibos domiciliados na conta.
  • Avisa os teus pagadores (se traballas por conta allea ou percibes pagamentos periodicamente por calquera outra razón) da cancelación da conta.
  • Asegúrate de que a conta corrente que vas cancelar non é a conta de aboamento dos xuros doutros produtos financeiros (depósitos, contas de aforro…) que teñas nesta ou outra entidade financeira.
  • Desvincula o teu número de conta das plataformas de comercio electrónico que utilices con ese número de conta ou unha tarxeta asociada a esta. Evitarás problemas nas túas seguintes compras ou renovacións de subscrición.
  • Realiza unha copia dos teus movementos que che sirva de resgardo. En moitas entidades o máis sinxelo será descargalo desde Internet, a través da súa páxina web, na área privada de clientes.
  • Para finalizar, é recomendable solicitar un comprobante onde conste a cancelación da conta por se fose necesario facer algunha reclamación posterior.
Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Comisións ou penalizacións

Dependendo da entidade, a cancelación da conta corrente pode supor unha penalización. En calquera caso debes ter en conta:

  • Saldo negativo: Se a conta que se quere cancelar ten saldo negativo, o titular ou titulares terán que aboar o devandito saldo para poder cancelala.
  • Comisión de xestión ou mantemento da conta: Se a conta bancaria que vas pechar ten comisións de administración e mantemento, calcúlase a comisión proporcional segundo a data de cancelación da conta.
  • Promocións: Se aproveitaches algunha promoción ou beneficio pola apertura ou mantemento da conta bancaria que vas pechar e o tempo de permanencia non transcorreu, posiblemente deberás pagar unha penalización por incumprimento das condicións da promoción. Infórmate nas bases legais da promoción ou na túa entidade bancaria para estar seguro.
  • Hipoteca, créditos ou algún tipo de préstamo: Se tes algún préstamo co banco e a conta que pretendes pechar é a conta a través da que pagas as cotas e xuros deses produtos, deberás consultar se se pode realizar a cancelación ou cambio de conta de cargo a outro banco, e se esixe algún tipo de penalización por iso.
CTA Faite cliente CTA Faite cliente
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas