Como aforrar diñeiro sen dificultade

Coñece mellor como poder aforrar sen grandes preocupacións

Un dos clásicos á hora de falar das finanzas ten sempre que ver coa pregunta do aforro, como aforrar diñeiro? Como facelo sen dificultade? Pódense sacar recursos de debaixo das pedras?

Aínda que o diñeiro non cae do ceo, si que é posible sacarlle moito máis partido do que se pensa. Para facelo só fará falta un pouco de enxeño e axuda e, en consecuencia, lograrás aforrar con menos dificultade e achegarte a cumprir obxectivos que nin tan sequera podías imaxinar.

Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

O aforro en si

O diñeiro pódelo aforrar de diferentes formas, xa sexa meténdoo nun peto dun porquiño, nunha conta corrente, abrindo plans de aforro ou investindo en bolsa. Cada solución ten, sen dúbida, vantaxes e inconvenientes, xa que mentres que o porquiño non xerará unha rendibilidade adicional, os investimentos en bolsa poderán correr grandes riscos. Polo tanto, o método para aforrar é algo que ten que escoller cada un en función da súa forma de ser, agora ben, de onde se aforra?.

Existen diferentes filosofías acerca do aforro. Mentres que antigamente se adoitaba aforrar daquilo que sobraba, hoxe téndese máis ben a un proceder inverso, isto é, a retirar a priori parte dos ingresos a unha conta. Para iso existen diferentes formas de actuar ou o que podemos chamar “técnicas de aforro”.

As técnicas de aforro máis estendidas

Para aforrar de forma sistemática, podes descontar automaticamente unha parte do teu diñeiro antes de proceder a outros gastos. Para iso existen dous modelos que gozan de gran reputación nos nosos días:

  • O modelo 50/30/20 avoga por dividir os ingresos en tres grupos diferentes e destinar cada un deles a unha partida diferente. Co 50% dos ingresos –nin máis nin menos– débense suplir as necesidades básicas do día tales como alugueiro ou hipoteca, gastos de manutención, etc. Un 30% dos ingresos ten que ir destinado, preferiblemente, a aquilo que nos vén ben pero que non é estritamente necesario: lecer, cultura, viaxes, etc. E un 20%, que idealmente debe ser descontado de antemán, debe ir parar ao aforro. Este aforro, iso si, no mellor dos casos ten que ter lugar nunha conta á parte.
  • O modelo 52 é outra opción en alza nos nosos días. O seu funcionamento responde ás 52 semanas que ten un ano e consiste en ir aforrando, cada semana, unha cantidade de diñeiro crecente. No caso máis sinxelo, trátase de ingresar no peto tanta cantidade de diñeiro como na semana en que nos encontremos: na primeira semana do ano haberá que aforrar só 1 €, na vixésima, 20 € e, na última, 52 €. Deste modo, case sen darse un conta, poderás aforrar 1.378 € nun ano.
Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Estas dúas opcións son dúas alternativas, agora ben, sempre podes intentar ir máis alá, por exemplo, espremendo ao máximo os teus ingresos.

En resumo: hai diferentes técnicas para controlar os gastos e, en consecuencia, aforrar un pouco máis. E, por sorte, hoxe en día xa non tes que ir co caderno nin preguntar por aí; a solución está, nunca mellor dito, nas túas mans. Segue lendo para descubrir distintas opcións que BBVA pode ofrecerche neste sentido.

Coñeces a app do BBVA? Dispoñible para Android e iOS, e considerada a app número 1 mundial de banca segundo a consultora Forrester, é unha ferramenta deseñada de maneira atractiva e intuitiva que facilita a súa usabilidade. Entre outras funcionalidades, conta con BBVA Bconomy, coa que terás dunha ollada toda a información sobre o teu diñeiro da que antes nos dispuñas. Con BBVA Bconomy poderás analizar detalladamente os teus gastos, descubrir como intentar reducilos e, naturalmente, que che resulte máis fácil conseguir aforrar para alcanzar as túas metas. Por iso, se estás preocupado por como aforrar diñeiro sen dificultade, pode ser que deses xusto coa solución que andabas a procurar.

Ademais, se a descargas disporás de axudas como un chatbot intelixente que está especialmente deseñado para manterte ao día de ingresos recorrentes (como a túa nómina) ou gastos pouco habituais (se o consideras oportuno, poderás crear alertas para este tipo de casos). Funciona como un asistente persoal e, se o desexas, proporache momentos de aforro en función da situación financeira da túa conta. E é que hoxe en día organizarse para aforrar está ao alcance da túa man.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas