Estratexias para planificar o aforro

Oito claves que che axudarán.
Aforrar diñeiro todos os meses é posible se unimos esforzo e unha boa planificación. Tamén debes ser consciente, unha vez que comeces, de ata onde podes chegar en función dos teus ingresos. No BBVA somos conscientes do complexo que é cumprir este obxectivo, máis nestes momentos nos que os tipos de xuro están moi baixos. Por iso queremos botar unha man a aqueles que, coa vista posta a medio ou longo prazo, queren planificar o aforro para disporen dun diñeiro extra máis adiante.
Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Claves para planificar o aforro

A primeira clave á hora de planificar o aforro é marcar un obxectivo. Debes ter claro se o diñeiro se vai destinar á túa xubilación, a comprar unha vivenda, aos teus fillos ou a ter un colchón económico no futuro. Sabelo axúdache a coñecer o tempo que debes dedicar e a cantidade que necesitas acumular. Tamén é importante que non marques un ritmo de aforro que non poidas cumprir. Se marcas un obxectivo, cumpre os prazos!

Unha vez que teñas claro o obxectivo debes elaborar un orzamento. Nel tes que plasmar con claridade como pensas abordar o aforro, o que será de grande axuda á hora de coller as rendas das túas finanzas. Tamén che permite definir a forma de lle tirar o maior partido ao teu diñeiro tendo en conta que, en certas ocasións, terás que renunciar a aquilo que desexes. Ás veces hai que apertar un pouco o cinto!

Dentro do orzamento que vaias realizar, podes introducir o aforro como un gasto obrigatorio. Desta forma sabes que un diñeiro vai ir destinado todos os meses a esta causa. Algunhas das regras aconsellan reter un 20% dos ingresos pero, se non o podes facer, fixa unha porcentaxe distinta que se adapte ás túas necesidades. Lembra que se tes este obxectivo na axenda, son os gastos superfluos os que, seguramente, che impedirán chegar a bo porto.

Realizar o orzamento é moi complicado se non tes ben definido o teu saldo dispoñible. Coñecer tanto os teus ingresos como os teus gastos xerais é de grande axuda para establecer prioridades á hora de planificar o aforro. Para este punto, ademais, é de grande axuda a aplicación do BBVA, que che facilita a organización mes a mes. Tamén é importante teres en conta que os teus ingresos son os mesmos cada mes mentres que os gastos serán case sempre dispares. Coidado cos imprevistos, poden romper a túa balanza!

Revisa o establecido pasado un tempo

Así que consigas planificar o aforro e comeces a crear un pequeno colchón, non te debes relaxar e pensar que xa está feito todo o traballo. É conveniente que revises como están os obxectivos marcados ao principio, xa que quizais sexa necesario cambiar algún punto do orzamento inicial. Debes levar a cabo esta revisión cada poucos meses, eliminando así calquera tipo de incidencia que poida tirar abaixo o equilibrio que hai entre ingresos e gastos.

Tamén é importante sacar beneficio dos teus aforros. Deixalos sen que che proporcionen ningún, conseguirá que che custe máis chegar ao obxectivo marcado. O que máis recomendan os expertos é investilo a longo prazo, o que, aínda producindo menos, manterá o diñeiro máis seguro. Tamén advirten de que, independentemente do produto que escollas, debes informarte ben para non caer nas ofertas que poidan ocultar o risco real contraído.

No caso de dispores de débedas, o diñeiro que vas aforrando tamén pode ser utilizado para reducilas. Se é así, a medio ou longo prazo significará un aforro co que non contabas, xa que terás menos obrigas de gasto.

Por último, é conveniente que apartes unha cantidade para un fondo de emerxencia. Á hora de planificar o aforro, non sabes que inconvenientes che van vir. Por iso é importante que dispoñas de diñeiro líquido para que, se xorde algún imprevisto, o teu plan non se desbarate.

 

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Ferramentas que che axudarán a levar as contas

Como apuntamos antes, planificar o aforro é máis sinxelo se tes á man unha aplicación na que realizar os teus orzamentos como BBVA Bconomy. Esta permíteche analizar polo miúdo os teus gastos e, grazas a iso, descubrir como reducilos. Ademais, facilítache a creación de orzamentos nas categorías onde queres minimizar o gasto, avisando cando estea próximo o límite fixado ou cando se supera.

Ademais desta, dispós de Programa a túa conta, un servizo que inclúe sinxelas regras que che axudan a xestionar de maneira automática as contas. Permíteche establecer un saldo mínimo, ou máximo nas túas contas, redondear os teus pagamentos con tarxeta (gardando os céntimos que sobran) ou establecer unhas pautas de aforro a través de orzamentos, nóminas ou ao final do mes. Todo sen custo e sempre que o necesites.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta