Aforrar sen esforzo, é posible?

Ferramentas que che axudarán a conseguilo.

Desde pequenos incúlcannos que o aforro é necesario. Unha idea que vai adquirindo sentido segundo pasan os anos. Entendemos que debemos aforrar por se xorde algún imprevisto, para poder comprar unha casa no futuro ou como complemento para a xubilación. 

Múltiples opcións polas que aforrar é un punto a favor. Porén, cando o intentas facer decátaste de que é unha tarefa complicada debido á avalancha de gastos que tes: os relativos ao día a día, as facturas, as saídas, etc. Isto leva a formular unha pregunta concreta: é realmente tan difícil aforrar?

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Pódese aforrar sen esforzo?

Non existen fórmulas máxicas neste campo. No entanto, seguindo unha serie de directrices e sendo aplicado, a posibilidade de crear un peto aos poucos e sen moito traballo non é algo utópico. 

O primeiro que tes que facer é crear un plan de aforro. Hai moitas persoas que, a final de mes, non saben en que gastaron o diñeiro. Por iso, o primeiro paso que debes dar é crear uns orzamentos que inclúan todos os gastos fixos e os ingresos. Tras iso, debes restar os primeiros aos segundos. O resultado ofrece unha primeira fotografía da túa economía e dáche unha idea de canto podes aforrar ao mes. 

Tamén é bo automatizar o aforro. E é que estamos ante un proceso longo que é moito máis sinxelo se non se ten que pensar nel a diario. Para iso, e tras o paso anterior, contas coas regras incluídas en Programa a túa conta, que podes usar en función das túas necesidades. Así, por exemplo, podes aforrar unha porcentaxe da túa nómina (regra da nómina) ou, polo contrario, manter todo o diñeiro dispoñible e controlar o gasto desde o total a final de mes. 

Co orzamento en orde, é hora de revisar os gastos. Sobre todo os fixos. Moitas veces estamos dados de alta en servizos que non usamos ou pagamos de máis por algúns deles. Desde o BBVA recomendámosche que os compares con distintos provedores por se hai tarifas mellores. Non só a de Internet ou o móbil; tamén as do gas, a luz ou outros servizos que teñas contratados. 

Tamén podes aforrar sen esforzo cos gastos diarios. Por exemplo: antes de realizar a túa compra semanal, accede a Internet e busca a mellor calidade-prezo do produto que necesitas. Un xesto simple que tamén podes facer co resto de adquisicións. 

Para finalizar, convidámoste a intentares evitar o pagamento de xuros ou, polo menos, intenta aboar os mínimos posibles. Isto fará que o teu saldo ao final do mes sexa máis avultado. Unha forma sinxela de conseguilo é domiciliar todos os teus pagamentos na mesma conta na que che ingresan o salario cada mes. Desta forma, terás un maior control sobre o diñeiro que tes dispoñible.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Ferramentas útiles para os teus obxectivos

Ademais dos trucos comentados, o BBVA dispón dunha serie de ferramentas que che axudarán un pouquiño máis a aforrar sen esforzo. A primeira é a Conta Metas BBVA, pensada para aqueles con obxectivos de aforro ao non ter ningún tipo de comisión de administración nin de mantemento e non cobrar polas transferencias en liña. Permíteche automatizar o traspaso de diñeiro da túa conta corrente á Metas polo que, como diciamos uns parágrafos máis arriba, o aforro chega ao seu destino automaticamente sen faceres ningún esforzo. Por suposto, o teu diñeiro está sempre dispoñible para podérelo utilizar en calquera momento. 

Tamén dispós de Programa a túa conta, un servizo que se compón de sinxelas regras que axudan a xestionar de maneira automática as túas contas. Permite desde establecer un saldo mínimo ou máximo nas túas contas ata redondear os pagamentos con tarxeta (gardando os céntimos que sobran) ou establecer unhas pautas de aforro coa nómina (a inicios do mes) ou a través de orzamentos (a finais de mes). Todo sen custo e sempre que o necesites (unicamente debes ser titular de, polo menos, dúas contas BBVA).

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta