Poxa competitiva

Procedemento de colocación de valores, habitualmente empregado polo Estado. Os investidores presentan as súas peticións ao emisor, indicando a cantidade desexada e o prezo que están dispostos a pagar. O emisor establece o prezo mínimo, rexeitando todas as peticións que queden por debaixo do mesmo. Desta forma, os valores adxudícanse ao mellor licitador.