SENAF

Sistema Electrónico de Negociación de Activos Financeiros. É unha plataforma electrónica de negociación de bonos e obrigas de débeda pública española. Está suxeita á supervisión do Banco de España e da CNMV. Desenvolve o sistema cego de negociación de bonos, en que os negociadores non coñecen a contrapartida das súas operacións. Pódese consultar o funcionamento do mercado cego na sección Mercado de débeda pública anotada.