Risco

Desde un punto de vista financeiro, o risco significa incerteza sobre a evolución dun activo e indica a posibilidade de que un investimento ofreza un rendemento distinto do esperado (tanto a favor como en contra do investidor, aínda que loxicamente a este só lle preocupa o risco de rexistrar perdas).