Ratio de endebedamento

Indican o peso que teñen os recursos alleos no financiamento da actividade empresarial. As máis utilizadas son a ratio de apancamento (débeda con custo / recursos propios), a de estrutura financeira (débeda con custo / recursos propios + débeda con custo) e a de cobertura de gastos financeiros (beneficio antes de xuros e impostos / gastos financeiros). Mostran aos investidores o risco que ten a empresa, no que atinxe á posibilidade de facer fronte ás súas débedas cos recursos de que dispón.