Quebra

Situación xurídica de insolvencia patrimonial en que se encontra o comerciante, empresario individual ou sociedade mercantil. Esta situación prodúcese cando o pasivo é superior ao activo e se cesa, polo tanto, no pagamento das súas obrigas. A declaración de quebra debe realizarse xudicialmente, coa designación a partir dese momento dun administrador xudicial que se faga cargo da empresa quebrada, co fin de asegurar que o seu patrimonio responderá, nun proceso de liquidación, polo menos a unha parte das débedas contraídas.