Institucións de investimento colectivo (IIC)

Entidades que teñen por obxecto a colocación de patrimonios colectivos en valores mobiliarios ou inmobiliarios, con recursos procedentes do público que adquire as súas accións (no caso das sociedades de investimento mobiliario) ou participacións nun patrimonio común (fondos de investimento mobiliario e inmobiliario).