Información privilexiada

Práctica prohibida pola normativa bolsista consistente en obter beneficios mediante operacións baseadas en informacións secretas, xeralmente obtidas por confidencias recibidas desde o interior das sociedades ou realizadas por executivos das mesmas. En inglés, esta práctica coñécese como “Insider trading”, e a quen as realiza, simplemente como “Insider”.