Fusión

Proceso de unión de dúas ou máis empresas baixo un único control mediante compra, intercambio de accións ou outros medios. Unha fusión horizontal agrupa empresas competidoras. Unha fusión vertical une empresas que son provedoras de clientes entre si. Unha fusión de conglomerado faise entre empresas que non gardan entre si ningunha relación.