Euronext

É o mercado paneuropeo que nace o 22 de setembro de 2000 froito da fusión das bolsas de París, Amsterdam e Bruxelas, dando lugar á primeira praza bolsista da zona euro. O grupo Euronext expandiuse a principios de 2002 coa adquisición de LIFFE, o mercado de opcións e futuros de Londres, e a fusión coa Bolsa de Valores de Lisboa e do Porto, BVLP. É a primeira bolsa europea en contratación e a segunda por volume de capitalización, tan só superada por Londres. Ten a súa sede en Ámsterdam e conta con filiais en París e Bruxelas. Este mercado conta entre outros, co índice bolsista, Euronext 100.