Estado do benestar

O estado do benestar é un concepto que se refire a todo o conxunto de intervencións dirixidas desde o estado orientadas a garantir uns servizos mínimos á poboación a través dun sistema de protección social.

En España, o estado do benestar está representado principalmente na Seguridade Social, con catro vías de actuación: subsidios, sanidade, educación e provisión de vivenda, ademais doutros servizos asistenciais.