Crédito

Cesión de bens ou valores que conceden xeralmente os bancos e caixas de aforros, co compromiso da parte receptora de devolverlle á parte acredora, nun prazo de tempo convido, a cantidade recibida canda os xuros que se derivan. O que concede o crédito é o prestamista ou acredor e o que o recibe o prestameiro ou debedor. Na bolsa é frecuente a operativa a crédito que conceden os intermediarios para a compra de accións ou prestan os títulos para a venda e posterior recompra. No primeiro caso o investidor aposta por unha suba no valor da acción e no segundo por unha caída no prezo da acción.