Conversión de títulos

Modificación do contido de valores negociables xa emitidos sen que implique troco de valores, por exemplo o cambio do tipo de xuro ou o prazo de amortización dunhas obrigas. No mercado de opcións consiste en comprar un título e vender a opción de compra e comprar a opción de venda ao mesmo prezo de exercicio, denomínase conversión inversa.