Compravenda con opción

É unha operación bolsista a prazo en que calquera das partes ten o dereito a esixir a entrega ou recepción (segundo o solicite o vendedor ou o comprador), dun número de valores da mesma clase, en igual número ou múltiplo dos que son obxecto da operación inicial, todo iso mediante unha diferenza ao seu cargo respecto do cambio cotizado para o mesmo valor a prazo en firme. Actualmente este tipo de operacións está prohibido na nosa bolsa.