Comisión por retirada de efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos

Esta comisión é a que repercute o banco cando o cliente retira efectivo da súa conta a través dun caixeiro automático doutra entidade, mediante tarxeta a conta do saldo dispoñible. O importe da comisión dependerá do importe que cobre a entidade titular do caixeiro á entidade emisora da tarxeta. A entidade titular do caixeiro informará con carácter previo do importe da comisión. Esta comisión tamén se pode cobrar por retirar efectivo en oficinas doutras entidades.