Call

Termo de orixe anglosaxoa, utilizado nos mercados de derivados (opcións e futuros) e que designa o nome da opción a través da que o posuídor adquire o dereito, aínda que non a obriga, de comprar un determinado activo a un prezo determinado no momento do peche da transacción e nunha data límite específica ou durante un período de tempo prefixado.