Cualificación

Estimación da solvencia dunha compañía, realizada por entidades especializadas. Tal valoración plásmase no rating, que permite aos investidores avaliar o risco das emisións e da propia empresa, xeralmente distinguindo entre as emisións a curto e a longo prazo. Para levar a cabo a cualificación utilizan unha serie de letras: a AAA significa a máxima solvencia e C advirte dun elevado risco de non pagamento. Ente estes límites existe unha serie de letras que indican os distintos graos de solvencia.