Bolsa de valores

O termo bolsa de valores fai referencia a un mercado organizado en que se negocian operacións de compravenda de títulos valores. A bolsa serve ás empresas para conseguir máis fondos mediante a venda de activos financeiros como accións, bonos, obrigas, etc. Pola súa banda, os aforradores poden obter rendibilidade polo seu diñeiro coa compra e venda dos produtos emitidos polas empresas en bolsa.

A bolsa é un punto de encontro entre empresas e aforradores, que ofrece a posibilidade de converter estes produtos financeiros en diñeiro de maneira inmediata.

Que é a bolsa?