Análise técnica

Método de análise bolsista, destinado a facilitar a toma de decisións. A diferenza da análise fundamental, non ten en conta os datos internos das compañías ou os indicadores macroeconómicos xerais, senón que se basea nas series históricas de prezos do activo analizado. A ferramenta básica para esta análise é o chart ou gráfico (denomínase tamén “análise chartista”), en que se representa a evolución histórica dos prezos; sobre ela trázanse figuras coas que se intenta identificar unha pauta de comportamento pasado, para poder predicir a evolución futura dos prezos.