Amortización

Devolución da cantidade investida aos posuidores dun valor. Aínda que en determinados supostos tamén se poden amortizar accións, este termo é máis habitual referido a renda fixa: o emisor cancela a súa débeda cos investidores, ben mediante a devolución do capital na data de vencemento, ou ben de forma anticipada. A amortización anticipada pode ser total ou parcial, e a opción de realizala pode corresponder ao investidor ou ao emisor, segundo se estableza nas condicións da emisión.