Acción nova

É a acción que resulta dunha ampliación de capital ou de transformacións de bonos en accións. Non goza ao principio de todos os dereitos económicos que teñen as accións vellas, como é o cobramento do dividendo, é dicir, da parte dos beneficios que consegue a sociedade e que se destinan aos accionistas, pero si dos dereitos políticos.