Ir ao contido principal
Principal
  • Persoas
  • Autónomos e empresas
  • Acceso Acceso Acceso
    Acceso Acceso Acceso
  • Faite cliente
  • Menú
    Pechar
Premer enter
Suxestións
    Produtos
    Inicio
    • Contas
      Ver todas as contas
      Conta Online para menores
      • Domiciliar nómina
      • Cambiar ao BBVA
    • Tarxetas
      Ver todas as tarxetas
      Tarxetas de crédito Tarxetas de débito Tarxetas prepagamento
      • Axudámosche a elixir a túa tarxeta
    • Hipotecas
      Ver todas as hipotecas
      Hipoteca Xente Nova Trae a túa hipoteca
      • Simulador de hipotecas
      • Simulador de subrogación
      • Simulador de revisión de hipoteca
      • BBVA Valora
    • Préstamos
      Ver todos os préstamos
      Préstamo Persoal Online
      • Simulador de préstamos
      • Simulador de préstamo coche
      • Simulador de préstamo comunidades propietarios
    • Seguros
      Ver todos os seguros
      Seguros de saúde Seguros de coche Seguros de vida Seguros de fogar Seguros de viaxe Seguro de moto
      • Agrupa os teus seguros
    • Plans de pensións
      Ver todos os plans de pensións
      Plans Previsión País Vasco
      • Buscador de plans de pensións
      • Simulador de plans de pensións
      • Calculadora de desgravación fiscal
      • Deducións ao IRPF
      • Traspasar plan de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
    • Criptoactivos
    • Espazo enerxía
      Ver todas as solucións
      Aforro enerxético Vehículos Comunidades de propietarios
    • BBVA Autorenting
    • Banca Privada
    Oficinas e caixeiros

    Promocións e ofertas

    Proba BBVA sen seres cliente

    Descubre a app do BBVA

    Persoas Autónomos e empresas
    • Inicio
    • Contas
      Ver todas as contas
      Conta Online para menores
      • Domiciliar nómina
      • Cambiar ao BBVA
    • Tarxetas
      Ver todas as tarxetas
      Tarxetas de crédito Tarxetas de débito Tarxetas prepagamento
      • Axudámosche a elixir a túa tarxeta
    • Hipotecas
      Ver todas as hipotecas
      Hipoteca Xente Nova Trae a túa hipoteca
      • Simulador de hipotecas
      • Simulador de subrogación
      • Simulador de revisión de hipoteca
      • BBVA Valora
    • Préstamos
      Ver todos os préstamos
      Préstamo Persoal Online
      • Simulador de préstamos
      • Simulador de préstamo coche
      • Simulador de préstamo comunidades propietarios
    • Seguros
      Ver todos os seguros
      Seguros de saúde Seguros de coche Seguros de vida Seguros de fogar Seguros de viaxe Seguro de moto
      • Agrupa os teus seguros
    • Plans de pensións
      Ver todos os plans de pensións
      Plans Previsión País Vasco
      • Buscador de plans de pensións
      • Simulador de plans de pensións
      • Calculadora de desgravación fiscal
      • Deducións ao IRPF
      • Traspasar plan de pensións
    • Fondos de investimento
    • Depósitos
    • Carteiras de investimento
    • Seguros de aforro
    • Bolsa e mercados
    • Criptoactivos
    • Espazo enerxía
      Ver todas as solucións
      Aforro enerxético Vehículos Comunidades de propietarios
    • BBVA Autorenting
    • Banca Privada
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Servizo Cambio de Banco

        Cámbiate ao BBVA e faremos todas as xestións por ti.

      • Simulador de paneis solares

        Calcula o teu aforro con paneis solares na túa vivenda.

      • Apartados: se non o vexo, non o gasto

        Garda diñeiro da túa conta principal e aforra facilmente.

      • Proba BBVA sen seres cliente

        Descubre as funcionalidades da app do BBVA sen abrires unha conta.

      • Bizum

        Envía e recibe diñeiro desde o móbil ao momento. Tan fácil como mandar unha mensaxe.

      • Pagamento móbil

        Deixa atrás o efectivo e paga as túas compras a través do móbil.

      Queres probar a app BBVA sen ser cliente?

      Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
      Máis información
      Oficinas e caixeiros
      Promocións e ofertas
      Proba BBVA sen seres cliente
      Descubre a app do BBVA
      Faite cliente
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA

      Tarxeta de crédito Después

      A tarxeta de crédito que che axuda a controlar os gastos

      • Flexible cos teus pagamentos.
      • Con seguro antirroubo.
      • E máis de 4.500 caixeiros BBVA.
      Solicitar tarxeta
      Paquete Viaxes

      As tarxetas BBVA acompáñante nas túas viaxes

      Coas tarxetas BBVA podes realizar compras no estranxeiro en moeda distinta ao euro sen comisións, ata un máximo de 300 euros ao mes co Pack Viajes Esencial incluído na túa tarxeta. Ademais podes activar un dos plans de Pack Viajes a partir de 2,99 € ao mes para evitar todas as comisións.
      Descúbreos

      Paga o gasto da tarxeta como prefiras

      • Coa tarxeta de crédito Después podes comprar o que necesites e devolver o gasto con flexibilidade. Escolle a forma de pagamento que queiras e cámbiaa en calquera momento.

        • Pagamento total: pagar o gasto mensual da tarxeta de crédito o día 5 do mes seguinte.
        • Pagamento adiado revolving: pagar unha cantidade fixa do teu gasto mensual o día 5 do mes seguinte, con xuros.

         

      Fracciona ao momento as túas compras

      • O pagamento personalizado permíteche fraccionar o pagamento do gasto mensual da túa tarxeta ou calquera compra a partir de 50 €. Podes escoller de 3 a 6 meses (con comisión) ou de 7 a 36 meses (con xuros). Calcula a túa cota na app ou en bbva.es.

      Cos teus gastos baixo control

      • Coa tarxeta de crédito Después podes operar:
         
        • A crédito ou retirar efectivo a débito

        Adáptase ao que necesites en cada momento: retirar efectivo desde caixeiros, tanto da túa conta corrente como a crédito, e realizar compras en tendas físicas ou por Internet.

        • Cos teus propios límites

        Podes fixar tanto a cantidade de diñeiro que estará dispoñible diariamente desde caixeiros como o crédito que podes usar coa tarxeta, previa autorización do banco.

      Coas vantaxes de estar no BBVA

      • Coa tarxeta de crédito Después ademais tes outros beneficios:
         
        • Recibe notificacións no móbil e apaga e acende as túas tarxetas cando queiras.

        Cada vez que pagues ou retires efectivo dun caixeiro, enviarémosche unha notificación a través da app do BBVA para que poidas revisar os teus gastos diarios e asegurarte de que es ti quen utiliza a tarxeta.

        Se nalgún momento o necesitas, poderás desactivar temporalmente a túa tarxeta ou dala de baixa completamente, de forma sinxela, entrando na app do BBVA ou a través de BBVA.es.

        • Con seguro de atracos en caixeiros

        En caso de atraco nun caixeiro, o seguro cubrirate cunha indemnización de ata 600 € por suceso, cun máximo de 1.200 € por tarxeta e ano.

        Ver detalles do seguro

        • E con Pagamento Móbil BBVA, Google Pay, Samsung Wallet e Apple Pay 

        Poderás usar o móbil para pagar en comercios que admitan tecnoloxía contactless, en tendas en liña e en apps, dunha forma cómoda, segura e sen ter que introducir os datos da tarxeta.

      Contrata a tarxeta de crédito Después

      Solicitar

      Tamén podes consultar as comisións das nosas tarxetas

      Comproba se a tarxeta que necesitas ten comisión de emisión e mantemento para ti.

      Consultar comisións

      Tamén poderás usala co teu móbil

      Paga en comercios ou retira efectivo en caixeiros unicamente co teu móbil ou reloxo intelixente. Engade a túa tarxeta a BBVA Pay, Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.

      Necesitas máis información?

      A tarxeta de crédito Después ten unha comisión anual por emisión e mantemento de 43 € para o titular e para as demais tarxetas beneficiarias.

      Non pagarás esta comisión dependendo do tipo de conta que teñas asociada á tarxeta e os produtos que teñas co BBVA. E ademais, tamén te podes eximir da cota se financias unha operación superior a 50 € ou pagas un recibo mensual coa forma de pagamento adiado (revolving) con esta tarxeta de crédito e polo menos unha vez ao ano.

      Comproba se esta tarxeta ten comisión de emisión e mantemento para ti utilizando este simulador.

      Cobrarase unha comisión por retirada de efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos nos seguintes casos:

      • Caixeiros do grupo BBVA en España: 4 % (mínimo 4 €)
      • Caixeiros de entidades distintas ao grupo BBVA en España: polas retiradas de efectivo a crédito mediante tarxeta en caixeiros automáticos dunha entidade distinta do Grupo BBVA en España en euros, o BBVA repercutirá o mesmo importe da comisión cobrada pola entidade titular do caixeiro ao BBVA. O devandito importe será comunicado pola entidade titular do caixeiro antes da retirada de efectivo. Así mesmo, o BBVA cobraralle a comisión por retirada de efectivo a crédito indicada para caixeiros do Grupo BBVA en España. Esta comisión é adicional á repercutida polo BBVA. 
      • Caixeiros situados fóra de España: 5 % (mínimo 3 €).

      Cobrarase unha comisión por retirada de efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos nos seguintes casos:

      • Caixeiros do grupo BBVA en España: 0 %.
      • Caixeiros de entidades distintas ao grupo BBVA en España: polas retiradas de efectivo a débito mediante tarxeta en caixeiros automáticos pertencentes a unha entidade distinta do Grupo BBVA en España en euros, o BBVA repercutirá o mesmo importe da comisión cobrada pola entidade titular do caixeiro ao BBVA. O devandito importe será comunicado pola entidade titular do caixeiro antes da retirada de efectivo.
      • Caixeiros situados fóra de España: 4,5% (mínimo 3 €).

      O período de liquidación comeza o primeiro día hábil e acaba o último día hábil do mes. Este último día (30 ou 31) xérase o recibo correspondente á liquidación dos pagamentos que realizases coa tarxeta de crédito durante este período. A data de cargo do recibo na conta é o día 5 do mes seguinte.

      Os pagamentos fraccionados liquídanse o último día hábil do mes. Este día (30 ou 31) xérase o recibo correspondente á liquidación, que se carga na conta o día 5 do mes seguinte.

      Unha vez pechado o período de liquidación, o último día hábil do mes enviarémosche unha relación detallada de todos os pagamentos e retiradas de efectivo a crédito que fixeses coa tarxeta.

      Podes pedir tarxetas adicionais para outros beneficiarios. Estarán asociadas á mesma conta e compartirán o teu límite de crédito.

      Para compras en moeda distinta ao euro non se cobrará comisión ata os 300 primeiros euros ao mes. A partir de 300 euros ao mes en compras en moeda distinta ao euro e para todas as retiradas de efectivo no estranxeiro cobrarase unha comisión do 3% sobre o importe equivalente en euros segundo o cambio obtido polos Sistemas de Pagamento na data en que practiquen a liquidación correspondente.

      Se prefires esquecerte dos límites, podes activar algún dos plans de Pack Viajes dispoñibles. Desde só 2,99 €/mes poderás aumentar o teu límite e realizar retiradas de efectivo sen comisións. Podes activalo e desactivalo cando queiras.

      A normativa establece que temos que proporcionarche un documento estandarizado coa información precontractual e previa de servizos de pagamento para axudarche a comprender mellor as súas características e para que poidas comparar con outras tarxetas e tomar unha decisión informada.

      Abrir documento.

      Consulta aquí a regulación europea PSD2 sobre servizos de pagamentos electrónicos. 

      Que xuros ten fraccionar unha compra ou un recibo mensual (pagamento personalizado)?

      • Co pagamento personalizado, podes fraccionar o pagamento de calquera compra realizada coa tarxeta ou o recibo da liquidación mensual da tarxeta sempre que sexa igual ou superior a 50 €.

        O importe das cotas mensuais será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros, se é un pagamento personalizado con xuros, ou capital e comisións, se é un pagamento personalizado con comisión) e dependerá do prazo que escollas, dentro dun mínimo de 3 meses e un máximo de 36 meses. Este importe cargarase na conta o día 5 de cada mes.

        A primeira cota en ambos os casos é distinta:

        • En caso de pagamento personalizado con xuros, incorpora só xuros.
        • En caso de pagamento personalizado con comisión, incorpora unicamente a comisión de adiamento.

        Así que contrates a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular como quedaría a túa cota mensual segundo o prazo que escollas.

        Exemplo de pagamento personalizado con xuros:

        • TIN: 21,60% anual.
        • Límite de crédito: 1.500 €.

        Contratas a Tarxeta de crédito Después cun límite de 1500 €. Nese mesmo día, por exemplo o 14 de abril de 2024, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 12 meses. Isto é o que terás que pagar:

        • A primeira cota será de 14,20 €; inclúe só xuros.
        • As seguintes 11 cotas serán de 151,53 € cada unha.
        • El importe total a pagar será 1.681,03 € y la TAE será 23,79 %.

        Exemplo de pagamento personalizado con comisión:

        • Comisión por adiamento: 3,5%, 4,30%, 5,20% ou 6% sobre o importe financiado segundo o prazo escollido de 3, 4, 5 ou 6 meses.
        • TIN: 0% anual.
        • Límite de crédito 1.500 €.

        A continuación detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses. O TIN en todos os casos é o 0 %.

        Contratas a Tarxeta Después cun límite de 1.500 €. Nese mesmo día, por exemplo o 14 de abril de 2024, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 6 meses. Isto é o que terás que pagar:

        • A primeira cota será de 90 €; inclúe unicamente a comisión de xestión de adiamento, que é do 6% do importe financiado. 
        • As seguintes 6 cotas serán de 250 € cada unha comprensivas só de capital.
        • El importe total a pagar será 1.590 € y la TAE será 20,09 %.

        Se escolles fraccionar en 5 meses, isto é o que terás que pagar:

        • A primeira cota será de 78 €; inclúe unicamente a comisión de xestión de adiamento, que é do 5,20% do importe financiado.
        • As seguintes 5 cotas serán de 300 € cada unha comprensivas só de capital.
        • El importe total a pagar será 1.578 € y la TAE será 19,75 %.

        Se escolles fraccionar en 4 meses, isto é o que terás que pagar:

        • A primeira cota será de 64,50 €; inclúe unicamente a comisión de xestión de adiamento, que é do 4,30% do importe financiado. 
        • As seguintes 4 cotas serán de 375 € cada unha comprensivas só de capital.
        • El importe total a pagar será 1.564,50 € y la TAE será 18,84 %

        Se escolles fraccionar en 3 meses, isto é o que terás que pagar:

        • A primeira cota será de 52,50 €; inclúe unicamente a comisión de xestión de adiamento, que é do 3,50% do importe financiado. 
        • As seguintes 3 cotas serán de 500 € cada unha comprensivas só de capital.
        • El importe total a pagar será 1.552,50 € y la TAE será 18,25 %.

        Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.

      Que xuros ten o pagamento adiado revolving?

      • Co pagamento adiado revolving, podes pagar cada mes unha cota fixa do gasto da túa tarxeta. Esta forma de pagamento ten xuros.

        • TIN: 19,80%.
        • Límite de crédito: 1.500 €.

        A data de liquidación da cota mensual é o último día hábil do mes. O día 5 do mes seguinte pagarás unha cantidade fixa mensual que inclúe capital, xuros e comisións.

        O importe mínimo mensual é de 12 € e podes escoller calquera cantidade superior. 

        A cota escollida é destinada, en primeiro lugar, ao pagamento dos xuros e gastos pactados e, en segundo lugar, a amortizar o crédito ou saldo que vas dispondo. Polo tanto, recomendamos escoller unha cota que permita pagar o crédito disposto nun prazo razoable.

        Unha vez contratada a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular o prazo de amortización segundo a forma de pagamento que escolleses, así como os xuros totais pagados se os houbese.

        Tamén podes utilizar o simulador de tarxetas revolving do Banco de España para calcular o importe total para pagar aproximado ou a data en que acabarás de pagar en función do gasto e da forma de pagamento escollida.

        Lembra que podes cambiar a forma de pagamento da tarxeta cando queiras.

        Exemplo pagamento adiado revolving con cota fixa

        Este exemplo realizouse conforme á información esixida pola Orde EHA/1718/2010 de regulación e control de publicidade dos servizos e produtos bancarios, cuxas condicións poden non corresponder coas do contrato. 

        Se fas unha compra de 1.500 € cun tipo de xuro do 19,80%TIN e elixes pagar unha cota fixa mensual de 45,49 €, terás que pagar: 

        • 48 cotas mensuais de 45,49 €. 
        • O importe total que haberá que pagar será de 2.183,52 € e a TAE será do 22,35%.

        IMPORTANTE: Co sistema de liquidación da tarxeta de crédito Después, non sempre é posible a amortización do crédito en 48 cotas mensuais constantes, porque o importe mínimo para amortizar é do 3% do saldo disposto. Isto quere dicir que cada mes pagarás a maior das seguintes cantidades:

        •  A cota escollida está composta de capital, xuros e comisións.
        • Ou o 3% do saldo disposto antes da liquidación máis os xuros e comisións do período. 

        Se contratas esta tarxeta e no mesmo día, por exemplo, o 21 de febreiro de 2025, fas unha compra por 1.500 € e decides pagar unha cota de 37 € o día 5 do mes, o importe total que terás que pagar en 48 meses aplicando un TIN do 19,80% será de 2.065,24 €. A TAE será do 21,52%.

        Lembra que se escolles pagar a cota o día 5 do mes, terás que asumir tamén os xuros desde a data de liquidación ata a data de pagamento.

      Banca Online BBVA

      Imaxinas ter todo o que lle pides ao teu banco, no móbil? Coa app do BBVA telo.
      Coñece todas as funcionalidades e ferramentas do BBVA dispoñibles no teu móbil para facer o teu día a día máis fácil.
      Máis información

      O teu banco no móbil coa app do BBVA

      Descarga a app
      Descarga a app
      Descarga a app

      Tarxeta de crédito Después
      Solicitar
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Tarxetas
      2. Tarxeta Después
      Pé de páxina
      • Máis BBVA

        • Accionistas
        • BBVA Research
        • Emprego no BBVA
        • Rede de axentes BBVA
        • bbva.com
        • Negocio responsable
        • BBVA Asset Management
      • O último

        • O BBVA para menores
        • BBVA Mocidade
        • BBVA para séniors
        • BBVA para colectivos
        • Seguridade
        • Podcast
        • Saúde financeira
      • Calculadoras e simuladores

        • Simuladores máis usados
        • Simulador Cuenta Elección
        • Calculadora de IBAN
        • Calculadora de soldo
        • Divisas e moedas
        • Pagamento de cargos
      • Utilidades

        Se encontraches unha vulnerabilidade no BBVA que nos queres comunicar, por favor, accede a este formulario

        Tramitación de herdanzas

        Blog - Finanzas de un vistazo

        Dicionario económico

        Accesibilidade

        Debedores hipotecarios sen recursos - CBP

      • Aviso legal
      • Cookies
      • Datos persoais
      • Informes legais
      • Servizos de pagamento
      • Tarifas
      • Taboleiro de anuncios
      • Servizo de atención ao cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. 2026