Co pagamento personalizado, podes fraccionar o pagamento de calquera compra realizada coa tarxeta ou o recibo da liquidación mensual da tarxeta sempre que sexa igual ou superior a 50 €.
O importe das cotas mensuais será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros, se é un pagamento personalizado con xuros, ou capital e comisións, se é un pagamento personalizado con comisión) e dependerá do prazo que escollas, dentro dun mínimo de 3 meses e un máximo de 36 meses. Este importe cargarase na conta o día 5 de cada mes.
A primeira cota en ambos os casos é distinta:
- En caso de pagamento personalizado con xuros, incorpora só xuros.
- En caso de pagamento personalizado con comisión, incorpora unicamente a comisión de adiamento.
Así que contrates a tarxeta, tanto na app do BBVA como en bbva.es, podes calcular como quedaría a túa cota mensual segundo o prazo que escollas.
Exemplo de pagamento personalizado con xuros:
TIN: 7% anual.
Límite de crédito: 1.500 €.
Contratas a tarxeta de crédito Visa Infinite cun límite de 1.500 €. Nese mesmo día, por exemplo o 10 de marzo de 2026, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 12 meses. Isto é o que terás que pagar:
- A primeira cota será de 6,04 €, inclúe soamente xuros.
- As seguintes 11 cotas serán de 141,18 € cada unha.
- O importe total que haberá que pagar será de 1.559,02 € e a TAE será do 7,20%.
Exemplo de pagamento personalizado con comisión:
- Comisión por adiamento: 1,30%, 1,50%, 1,70% ou 2% sobre o importe financiado segundo o prazo escollido de 3, 4, 5 ou 6 meses.
- Límite de crédito 1.500 €.
A continuación detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses. O TIN en todos os casos é de 0%.
Contratas a tarxeta Visa Infinite cun límite de 1.500 €. Nese mesmo día, por exemplo o 10 de marzo de 2026, fas unha compra co mesmo importe e escolles fraccionar en 6 meses. Isto é o que terás que pagar:
- A primeira cota será de 30 €, inclúe unicamente a comisión de xestión de adiamento, que é do 2% do importe financiado.
- As seguintes 6 cotas serán de 250 € cada unha, compresivas só de capital.
- O importe total que haberá que pagar será de 1.530 € e a TAE será do 5,93%.
Se escolles fraccionar en 5 meses, isto é o que terás que pagar:
- A primeira cota será de 25,50 €; inclúe a parte de capital e a comisión de xestión de adiamento, que é do 1,70% do importe financiado.
- As seguintes 5 cotas serán de 300 € cada unha, comprensivas só de capital.
- O importe total que haberá que pagar será de 1.525,50 € e a TAE será do 5,71%.
Se escolles fraccionar en 4 meses, isto é o que terás que pagar:
- A primeira cota será de 22,50 €; inclúe a parte de capital e a comisión de xestión de adiamento, que é do 1,50% do importe financiado.
- As seguintes 4 cotas serán de 375 € cada unha, comprensivas só de capital.
- O importe total que haberá que pagar será de 1.522,50 € e a TAE será do 5,83%.
Se escolles fraccionar en 3 meses, isto é o que terás que pagar:
- A primeira cota será de 19,5 €; inclúe a parte de capital e a comisión de xestión de adiamento, que é do 1,30% do importe financiado.
- As seguintes 3 cotas serán de 500 € cada unha, compresivas só de capital.
- O importe total que haberá que pagar será de 1.519,50 € e a TAE será do 6%.
Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.
A TAE destes exemplos representativos calculouse cun importe superior a 1.500 €, porque non é posible contratar esta tarxeta cun límite de crédito de 1.500 €.