O teu Préstamo Rápido Online paso por paso


  • 1. Calcula a túa cota: Selecciona no noso simulador a cantidade que necesitas (entre 3.000 € e 20.000 €), a cota que mellor se adapta ás túas necesidades e o prazo no que queres devolver o préstamo (desde 24 ata 96 cotas).

    2. Escolle a solicitude CON documentos: Completa os teus datos (persoais, de contacto e profesionais), anexa o teu DNI e indica a conta onde queres recibir o diñeiro en caso de que sexa autorizado: podes solicitar abrir conta no BBVA ou recibir o diñeiro nunha conta túa doutro banco.

    A continuación, anexa durante o proceso ou envíanos por correo electrónico a seguinte documentación necesaria para analizarmos a operación.

    Copia da túa nómina:

    • Copia da túa nómina ou xustificante de ingresos
    • Copia do documento da túa vida laboral.
    • Un documento onde se especifique o número de conta no que recibirías o diñeiro e a súa titularidade (debe coincidir co solicitante do préstamo).  en caso de que seleccionases domiciliar o préstamo nunha conta doutro banco.

    En caso de operacións de importe superior a 10.000 euros, solicitarase documentación adicional.

    3. Recibe unha resposta: 

    • Nun prazo aproximado de 48 horas a documentación será validada e, se finalmente o préstamo for aprobado, necesitaremos identificarte e que asines o contrato de préstamo. Para facelo, enviarémosche un correo electrónico coas instrucións que deberás seguir. Todo o proceso é dixital e poderalo facer directamente desde o ordenador ou desde o móbil. 

    Así que asines o contrato, o diñeiro serache ingresado na conta que escolleses.

    4. Benefíciate do teu préstamo: 

    • En aproximadamente 72 horas a partir da sinatura, se escolliches domiciliar o préstamo nunha conta fóra do BBVA.
    • Nuns minutos, se escolliches domiciliar o teu préstamo no BBVA. Para iso abrirémosche unha Conta Online sen comisións no mesmo momento da sinatura.