Como funciona?

  • Explicámosche como sería o financiamento dos teus estudos cun préstamo de 9.000 € para devolver en 5 anos, con 1 ano de carencia e disposición total ao inicio, formalizado o día 31/12/2019 con día de pagamento fin de mes:

    • Tipo de xuro: 3,95 % TIN
    • TAE: 4,14%
    • Período de carencia: 1 ano.
    • Total de xuros durante o período de carencia: 357,44 €
    • Cotas de xuros mensuais durante período de 1 ano: 31,17 € ou 28,25 € dependendo dos días do mes*.
    • Período de amortización: 4 anos.
    • Cotas de amortización mensuais: 48 cotas de 203,01 €
    • Importe total debido: 10.140,93 €

    Para o cálculo da TAE foron tidos en conta os gastos de correo: 0,65 € mensuais.

    En caso de ter que abrir unha conta corrente exclusivamente para a xestión deste préstamo, e se non se cumpren as condicións para que esa conta non teña comisión de mantemento, esta será de 120 € anuais. Polo tanto, a TAE do préstamo sería de 6,35 % e o custo total 10.740,93 €.

    *A cota de xuros mensuais pode variar dependendo dos días do mes correspondente á liquidación da cota mensual.