Información sobre gastos de formalización de hipotecas

A xuízo da Audiencia Provincial de Barcelona na sentenza do 15 de marzo de 2014 xa transcorreu o prazo para poder reclamar a devolución de cantidades xa que os consumidores coñeceron a abusividade da cláusula de gastos do BBVA, en xaneiro de 2017.

O prazo para solicitar a devolución de gastos derivados dunha cláusula declarada abusiva, de acordo co Tribunal de Xustiza da Unión Europea (“TXUE”), debe ter en conta que a persoa afectada sexa coñecedora do carácter abusivo da cláusula en cuestión.

En relación coa cláusula de gastos do BBVA, esta foi declarada abusiva polo Tribunal Supremo en sentenza do 23 de decembro de 2015. A sentenza foi publicada o 21 de xaneiro de 2016, e fíxose notoria nos meses posteriores non só entre os sectores profesionais senón tamén entre os consumidores, aparecendo en todo tipo de publicacións, comunicacións, publicidade e noticias. Polo tanto, debe entenderse que a partir do mes de xaneiro de 2017 xa se poden considerar cumpridas as circunstancias que permiten iniciar o cómputo do prazo de prescrición para reclamar a devolución dos gastos (tal e como establece a recente sentenza da Audiencia Provincial de Barcelona ao aplicar o criterio da última sentenza do TXUE).

Tendo en conta que o prazo para solicitar a devolución de cantidades é, de conformidade coa normativa vixente, de cinco anos, na actualidade xa transcorreu sobradamente o prazo para poder solicitar a dita devolución.